Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 10 de maio de 1996 Páx. 4.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 18 de abril de 1996 pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Montaña, sito nos concellos de Lobios e Entrimo (Ourense), promovido por INCENERSA, S.L.

O artigo 5, punto 2, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188 do 25 de setembro), dispón que o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública

durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de trinta días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Montaña, sito nos concellos de Lobios e Entrimo (Ourense), promovido pola empresa INCENERSA, S.L.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse a disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Industria.

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense.

* Casas do Concello de Lobeira e Lobios.

Terceiro.-As alegacións, dirixidas ó director xeral de Industria, formularanse durante o dito prazo de trinta días e serán presentadas en calquera das oficinas que establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3248