Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 10 de maio de 1996 Páx. 4.456

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (57/1996-2).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que, en virtude do acordado en autos de xuízo executivo 57/1996-2, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Banco Central Hispanoamericano, S.A., e demandado Imagen Corporativa, sendo a contía do asunto a de 216.005 pesetas de principal, máis 125.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, cítase de remate o demandado Imagen Corporativa para que no prazo de nove días hábiles a partir da publicación, poida oporse á execución, comparecendo nos autos por medio de procurador, apercibido de que, de non o efectuar, será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen o volver citar nin lle facer outras notificacións que as que determine a lei. Notifícaselle o embargo dos seguintes bens: dereito de traspaso que ostente sobre o local sito na Rúa Varsovia, 4C-6º, Área Central de Santiago de Compostela.

Saldos bancarios a favor da entidade demandada en Banco de Santander, BBV, Caixa Galicia e Banco de Galicia.

Os froitos e rendas que perciba a empresa Imagen Corporativa, S.L.

Faise constar que realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñecerse o seu domicilio.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Imagen Corporativa, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, 8 de abril de 1996.

O secretario

Rubricado

3535