Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 10 de maio de 1996 Páx. 4.455

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (221/1992).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos de xustiza gratuíta que se tramitan neste xulgado co número 221/1992, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal que segue:

«En Santiago de Compostela o oito de abril de mil novecentos noventa e seis, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal seguido neste xulgado co número 221/1992 e como peza separada do procedemento de separación do mesmo número, no que actuaron, como parte demandante, María Teresa Suárez Casal, representada polo procurador dos tribunais Luis Gippini López de Rego e asistida pola letrada Belmira Castro Conde, nomeados ambos de oficio, e no que se lle deu audiencia a José Soto Feáns e ó letrado da Xunta de Galicia.

Decido que acepto a demanda presentada e debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de María Teresa Suárez Casal, co obxecto de presentar demanda de separación contra José Soto Feáns, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, e declaro de oficio as custas causadas.

Contra este resolución poderá interporse recurso de apelación perante a audiencia provincial nesta

xulgado, no prazo de cinco días desde a notificación, conforme o trámite previsto no artigo 733 da LAC.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e lle sirva de notificación ó demandado José Soto Feáns, actualmente en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o nove de abril de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9602863