Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 10 de maio de 1996 Páx. 4.455

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (1/1996).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fai saber que no expediente de creba, seguido neste xulgado con número 1/1996, se dictou con data do 26 de febreiro de 1996 auto no que se declara en creba necesaria a empresa Maderas Raviña, S.A., e polo que se nomea comisario e depositario da creba respectivamente, a Luciano de Dios Teijeira e Diego Comendador Alonso con domicilio na rúa das Hortas, nº 8-8 F, A Coruña.

Polo expresado auto prohíbese que persoa ningunha faga pagamento nin entrega de efecto ó crebado, debendo só verificárselle ó depositario, baixo apercibimento de non se reputar lexítimos. Así mesmo, tódalas persoas, en poder das cales existan pertenzas do crebado, deberán facer manifestación delas ó comisario, baixo apercibimento de seren considerados cómplices na creba.

Arzúa, catro de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9602848