Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

O Concello Pleno, na sesión celebrada o 28 de marzo de 1996, aprobou a proposta de escudo municipal das seguintes características:

«De sinople (verde) e sobre ondas de prata (branco) e azur (azul), unha torre de ouro (amarelo), aclarada de sinople, acompañada de catro estacas de prata, dúas de cada flanco e de cruz de san Xoán de prata, no centro do xefe. Ó timbre, coroa real cerrada».

O que se somete ó trámite de información pública polo prazo de 30 días, para efectos de exame e presentación de reclamacións.

Quiroga, 29 de marzo de 1996.

O alcalde

Rubricado

3454