Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO polo que se someten a información pública os pregos que regularán a concesión de obra pública para a construcción dun aparcamento subterráneo en Pontevedra.

O Pleno da Corporación do Concello de Pontevedra, na sesión celebrada o 28 de marzo de 1996, acordou presta-la súa aprobación ó proxecto definitivo dos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares para a contratación de concesión de obra pública consistente na

construcción dun aparcamento subterráneo e subseguinte explotación das obras, logo de execución, na parte posterior da audiencia provincial (Campolongo); o que se fai público, e sométese o procedemento a información pública por un período de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de reclamacións e suxestións, as cales, de presentárense, terán que ser resoltas polo Pleno da Corporación.

Pontevedra, 29 de marzo de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

9602727