Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do 28-3-1996, a proposta de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Cambados, en cumprimento do disposto polo artigo 114 da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, exponse ó público o expediente, nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.

O devandito acordo comporta a suspensión do outorgamento de licencias urbanísticas naquilo en que se poidan ver afectadas ou estean en contradicción coas modificacións aprobadas inicialmente, en virtude do establecido polo artigo 102.2º da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Insírase este edicto no DOG e no BOP de Pontevedra. O período inicial para exame e presentación de reclamacións iniciarase o día seguinte ó do primeiro dos anuncios que se publiquen, e o citado prazo dun mes iniciarase ó día seguinte de publicación do último destes anuncios.

Cambados, 2 de abril de 1996.

O alcalde

Rubricado

9602732