Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.368

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1996, da Xerencia de Infraestructura da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública de varias propiedades do Estado, ramo de Defensa, na Coruña.

1. Parcela 9A do polígono dos Rosales.

Situada no polígono dos Rosales, monte de San Pedro, termo municipal da Coruña.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 da Coruña, libro 968, sección 2ª, folio 203, predio 72.147 N, inscrición 3ª.

Superficie: 1.179 m aproximadamente. Solo urbano. Edificabilidade: 6.395, 3.325 m en baixa + 8 plantas.

Cantidade tipo para a poxa: cento cincuenta e tres millóns seiscentas cincuenta e nove mil trescentas cinco (153.659.305) pesetas.

Uno permitido para: garaxe na totalidade do subsolo, comercial e residencial en superficie ou parte aérea.

2. Batería de Prior Norte (B-2).

Situada no t.m. de Ferrol, en Cabo Prior, o N.E. do faro existente nas súas inmediacións.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, tomo 638, libro 148 de Serantes, folio 54, predio 14.378, inscrición 1ª.

Superficie segundo rexistro 22.685 m. Superficie real sobre plano de 27.252 m. Solo non urbanizable segundo o Plan Xeral Urbano.

Cantidade tipo mínima para a poxa: trece millóns trescentas setenta e catro mil (13.374.000) pesetas.

3. Destacamento da Comandancia Rexional de Obras.

Situado no Ferrol, barrio da Madalena, r/ Real nº 23.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, tomo 549, libro 93, folio 59, predio núm. 5.164, inscrición 1ª.

Superficie segundo rexistro: 274 m; superficie construída 606 m.

Cantidade tipo para a poxa: corenta millóns seiscentas corenta e catro mil oitocentas vintecatro (40.644.824) pesetas.

4. Aloxamento da antiga batería A.A. de monte Covas.

Situado no lugar de Balón, t.m. de Ferrol, ó inicio do camiño de acceso da batería.

Figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, tomo 764, libro 188, folio 100, predio 18.452, inscrición 1ª.

Superficie segundo o rexistro 6.694 m, ocupada por edificios 300 m e 600 m de cuberta aproximadamente.

Servirá de tipo para a poxa a cantidade de dous millóns novecentas vinteoito mil catrocentas cincuenta e cinco (2.928.445) pesetas.

Foi declarada a sua desafectación alleabilidade e posta o dispor da Xerencia de Infraestructura da Defensa con datas do 14 de febreiro de 1991, 11 outubro de 1993, 24 de xuño de 1991, 2 de outubro de 1990, respectivamente.

O acto de poxa celebrarase perante a mesa constituída para o efecto, no salón de actos do Acuertelamento de Atocha, praza Millán Astray, s/n, A Coruña, o día 4 de xuño de 1996, a partir das 10.30 horas.

Información e pregos: na Xerencia de Infraestructura da Defensa, r/ Princesa, 32, Madrid, Tfno: (91) 542 08 09, e nas oficinas da Delegación Gindef na Coruña, Costa da Palloza, 1, 2ª, local 7, Tfno: (981) 13 23 18.

Madrid, 30 de abril de 1996.

Jesús Melgar Fernández

Xeneral director-xerente

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273