Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dunha subministración sucesiva para a adquisición de vacina anti-haemofilus influenzae (Hib), con destino ó Programa Galego de Vacinacións.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega da subministración: ver prego de prescricións técnicas.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse: adquisición de vacina anti-haemofilus influenzae (Hib), con destino ó Programa Galego de Vacinacións, nas cantidades sinaladas no prego de prescricións técnicas.

-Orzamento total: corenta e tres millóns duascentas mil pesetas (43.200.000.-ptas) IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: pola totalidade da subministración.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver apartado 4 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Dirección Xeral de Saúde Pública; Avda. do Camiño Francés 10 baixo; teléfono 54 29 30, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 10 de xuño de 1996.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 17 xuño de 1996.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.(Dirección Xeral de Saúde Pública). Edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Lázaro a partir das 10 horas do 28 de xuño de 1996.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional 2% do orzamento de licitación: 864.000 ptas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e de pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacions e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que debera reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 11.

14. Outras informacións: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

15. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacions Oficiais das Comunidades Europeas: 25 de abril de 1996.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

3320