Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario A. Marcide-P. Novoa Santos, pola que se anuncia o concurso público para a adquisición de material para recollida de mostras.

A Direccion Xerencia do Complexo Hospitalario A. Marcide-P. Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público.

Subministración: material para recollida de mostras.

Orzamento: 6.133.938 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación (segundo o anexo I).

1. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

2. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo establecido no prego de cláusulas administrativas particulares (anexo I).

3. Admisión de variantes: non se admitirán.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Criterios de adxudicación:

6.1. Características funcionais, relación calidade-prezo-custo (35%).

6.2. Fiabilidade e seguridade no uso (35%).

6.3. Prazo de entrega (30%).

7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e a disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalaraio A. Marcide-P. Novoa Santos, estrada de San Pedro de Leixa s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), tódolos días laborais, agás os sábados, das 9 ás 15 horas.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalaraio A. Marcide-P. Novoa Santos antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle o órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 33 40 84 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Complexo Hospitalaraio A. Marcide-P. Novoa Santos sito en estrada San Pedro de Leixa, s/n, 15405 Ferrol, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

Ferrol, 12 de abril de 1996.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario A. Marcide-P. Novoa Santos

3321