Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 29 abril de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación das obras de restauración da igrexa de Santa María Dozo en Cambados (Pontevedra); pavimentación do adro da igrexa da Mezquita, segunda fase, na Merca (Ourense); restauración da igrexa de Penamaior en Becerreá (Lugo) e obras diversas de restauración no conxunto catedralicio de Lugo.

A Consellería de Cultura, unha vez cumpridor os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación das obras que se citan:

-Restauración da igrexa de Sta. María Dozo en Cambados (Pontevedra):

Orzamento de licitación: 13.910.930 ptas. (trece millóns novecentas dez mil novecentas trinta pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación requerida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Pavimentación do adro da igrexa da Mezquita, 2ª fase, na Merca (Ourense):

Orzamento de licitación: 10.336.135 ptas. (dez millóns trescentas trinta e seis mil cento trinta e cinco pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación requerida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Restauración da igrexa de Penamaior en Becerreá (Lugo):

Orzamento de licitación: 15.178.799 ptas. (quince millóns cento setenta e oito mil setecentas noventa e nove pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación requerida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Obras diversas de restauración no conxunto catedralicio de Lugo:

Orzamento de licitación: 43.023.946 ptas. (corenta e tres millóns vintetrés mil novecentas corenta e seis pesetas) I.V.E incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación requerida: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

Nas devanditas obras non se esixe fianza provisional.

Exposición dos proxectos: os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Os licitadores que opten a máis dunha obra deberán presentar toda a documentación para cada unha delas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1996.

Rubén Victor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

3272