Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/34-2. Libro de rexistro: 4.505 A.T.).

Para os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Denominación: reelectrificación de Espasante de Abaixo e Carboeiro.

Situación: Riotorto.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 97 metros, sobre postes de formigón

ou torres metálicas. Dous centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA e 160 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-150-95-50, cunha lonxitude de 2.250 metros, sobre postes de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Espasante de Abaixo e Carboeiro, no concello de Riotorto.

Orzamento: 16.353.648 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 26 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3461