Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.337

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/208-2. Libro de rexistro: 4.466 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Electricas, S.A., con domicilio en rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. Subt. e C.T. edificio Paulino García-Rúa Basanta Silva (Vilalba), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Begasa, a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable UNE D.H.V. 15/25 kV, de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 120 metros. Centro de transformación de 630 kVA 20.000/400-231 ±2,5% +5% V, para subministración eléctrica ó edificio Paulino García, na rúa Basanta Silva, en Vilalba.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 12 de abril 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9602199