Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.333

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1996 pola que se aproba o plan eólico estratéxico presentado pola empresa Ecotécnia, S.C.C.L, denominado P.E.E. Ecotécnia-G.E.A. (Expediente número IN660A 95/6-0).

Ó abeiro do disposto no capítulo II do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autó

noma de Galicia, Ecotécnia S.C.C.L., con domicilio social na r/ Demóstenes nº 6, 08028 Barcelona, solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Ecotécnia G.E.A., no cal se recolle o programa de actuacións que se van desenvolver por un período de 5 anos, cunha inversión global estimada de 14.445 millóns de pesetas.

Para os efectos previstos no apartado 2º do artigo 5 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, a solicitude presentada publicouse no DOG de data 6 de novembro de 1995 e BOE de data do 20 de outubro de 1995. Así presentaranse solicitudes en competencia por Endesa-Made, Sea West España S.A., Desarrollos Eólicos, S.A., Gamesa, Energía Eólica de Galicia, Parque Eólico de Galicia, Unión Fenosa Energías Especiales e Hidroener.

Considerando que, no informe técnico realizado pola Dirección Xeral de Industria para a resolución da competencia presentada seguíronse os seguintes criterios de avaliación dos plans eólicos afectados:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Aportación tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

Considerando: que a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para a aprobación do plan eólico estratéxico que se solicita, con base no o Estatuto de autonomía de Galicia; ó Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; ó Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; ó Decreto 209/1990, do 15 de marzo, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVO:

Aproba-lo plan eólico estratéxico P.E.E. Ecotécnia-G.E.A. referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, cunha previsión de potencia de 98 Mw.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula á Administración e a Ecotécnia S.C.C.L., sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exercita-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase de conformidade coas seguintes condicións:

Primeira.-Ecotécnia S.C.C.L. realizará a investigación de 7 áreas, cun investimento total de 60.030.000 pesetas, e deberá presentar un informe trimestral á Dirección Xeral de Industria dos datos obtidos nas áreas de investigación.

Segunda.-Ecotécnia S.C.C.L. iniciará a execución do plan industrial en febreiro de 1996, debendo executar dito planeamento nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que estime pertinente en aras de verifica-lo cumprimento do establecido neste apartado.

Terceira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por outras causas sobrevidas, non fose adecuado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no Plan Eólico Estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico que será outorgada pola Dirección Xeral de Industria, ou ben.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Cuarta.-Ecotécnia S.C.C.L. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación previa autorización da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, subrogándose o novo titular en tódalas obrigacións e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-A concesión outórgase sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitos particulares.

Sexta.-Esta concesión outórgase sen prexuízo e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

ECOTÉCNIA, S.C.C.L.

NomeMunicipioVértices

X-lonx W Y-lat N

LaxeVimianzo e

Camariñas

0.500.0004.774.500

0.495.0004.770.500

0.486.0004.777.000

0.486.0004.778.000

0.488.0004.777.000

0.500.0004.777.000

MiñónVimianzo e Zas0.506.0004.772.000

0.506.0004.770.000

0.507.0004.770.000

0.507.0004.778.000

0.500.0004.778.000

0.500.0004.772.000

San AdriánMalpica de

Bergantiños

0.513.1004.798.200

0.513.7004.798.400

0.513.6004.797.600

0.513.3004.797.200

0.512.8004.797.800

NomeMunicipioVértices

X-lonx W Y-lat N

PedrouzosArteixo, Laracha. Culleredo, Cerceda e Carral0.540.0004.792.500

0.552.0004.786.000

0.547.5004.780.000

0.533.5004.784.500

MuiñóMugardos e Ares0.560.0004.812.500

0.562.5004.810.500

0.561.0004.808.500

0.559.0004.810.500

NovoSan Sadurniño, Narón e Valdoviño0.569.5004.828.000

0.572.5004.829.000

0.574.0004.822.500

0.571.0004.821.000

As SomozasAs Somozas e As Pontes de García Rodríguez0.589.5004.823.000

0.595.0004.817.500

0.592.0004.816.000

0.587.0004.821.000

ANEXO II

DOCUMENTO DE SÍNTESE

Plan Eólico Estratéxico

Plan eólico estratéxico terá unha duración de 5 anos e suporá un investimento global estimado de 14.445 millóns de ptas.

Plan de Investigación Elólica.

A empresa Ecotécnia S.C.C.L. realizará a investigación de 7 áreas facendo un investimento total de

60.030.000 ptas., acadando un investimento medio de 8.575.710 ptas./área.

Ecotécnia, S.C.C.L., usará como entidade colaboradora para a investigación á empresa galega Gestenga, e deberá non obstante presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio (Dirección Xeral de Industria) dos datos obtidos nas áreas de investigación e salvagardándose a confidencialidade dos datos neles rexistrados.

Plan Industrial.

A empresa Ecoténcia, S.C.C.L., desenvolverá o dito plan, realizando as seguintes actuacións no referente a novas instalacións.

Fábrica

Localidade

Investimento

(m/ptas.)

Estimación de

emprego

Inicio de

construcción

N

Data de

operación

Producción

Ud./ano

EdificaciónMedios de producción

Ensamblaxe con control eléctrico e Arm. Elec.Polígono industrial A Coruña (I)44

(2)

5339Marzo 1996Setb. 199650

Total1445339

(1) O investimento en edificación da nave de ensamblaxe non está decidida plenamente pois estanse estudiando diferentes alternativas en polígonos industriais da Coruña non obstante os 44 millóns poden ser unha media aproximada.

(2) Será nalgún polígono industrial da provincia da Coruña pola proximidade dos futuros parques eólicos de Ecotécnia S.C.C.L.,G.E.A.

Así mesmo, a compañía Ecotécnia S.C.C.L. realizará o 66,1 %, como mínimo da fabricación do aeroxerador en Galicia, ben directamente mediante as súas propias fábricas, ou ben mediante subministradores galegos e/ou empresas implantadas en Galicia segundo se desagrega na seguinte táboa resumo:

Componente% sobre o

aeroxerador

% sobre o

investimento total

Pas23,618,1
Torres17,113,1
Multiplicadores 0,0 0,0
Xeradores 0,0 0,0
Bancada 2,5 1,9
Buxa (mecanizada) 4,0 3,1
Eixe (mecanizado) 0,2 0,2
Coroa (forxa e mecanizado outros complementos) 2,9 2,2
Freos 0,0 0,0
Capota e protector buxa 2,0 1,5
Control electrónico 0,4 0,3
Armarios eléctricos 3,7 2,8

Componente% sobre o

aeroxerador

% sobre o

investimento total

Grupo oleohidráulico 2,4 1,8
Varios ou outros 7,3 5,6
Total66,150,6
Obra civil e enxeñería12,3
Infraestructura eléctrica10,2
Montaxe e transporte 2,1
Subtotal24,6
Total investimento en Galicia75,2

Así mesmo, a porcentaxe total do investimento a realizar en Galicia como mínimo na que se inclúe: obra civil e enxeñería, infraestructura eléctrica e montaxe e transporte é do 75,2%.

CRONOGRAMA DE ACTUACIÓN INDUSTRIAL

Neste apartado exponse de maneira resumida o calendario de compras/producción que a empresa Ecotécnia S.C.C.L. desenvolverá para acada-la porcentaxe de fabricación/subministración na Comunidade Autónoma de Galicia e que se indicou anteriormente.

Mes/ano% de fabriación en Galicia% acumuladaCompoñentes

10/199617,117,1Torres
10/19962,019,1Capota
10/199623,642,7Pas
10/19962,545,2Bancada
10/19964,049,2Buxa
10/19960,249,4Eixe
10/19967,356,7Varios
10/19963,760,4Armarios

eléctricos

10/19962,963,3Coroa
10/19962,465,7Grupo

oleohidráulico

10/19960,466,1Control

electrónico

Total66,166,1

3297