Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.301

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Atletismo.

Visto o estatuto da Federación Galega de Atletismo e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 4-11-1995.

Visto o informe da Sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995 de desenvolvemento do Decreto 28/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Galega de Atletismo

TÍTULO I

Capítulo I

Denominación, domicilio, obxecto e natureza

Artigo 1º

A Federación Galega de Atletismo, en adiante FGA, constituída o día 27 de marzo de 1921, é unha entidade asociativa privada que carece de ánimo de lucro, e que ten por obxecto, mediante a integración dos atletas, técnicos-adestradores, xuíces, clubs e outros colectivos interesados que se dediquen á práctica do atletismo, o fomento, o desenvolvemento e a organización, con xeito exclusivo, do atletismo na Comunidade Autónoma de Galicia, onde ostenta, tamén con xeito exclusivo, a representación da RFEA e que ademáis da súas propias atribucións exerce, por delegación, funcións públicas de xeito administrativo.

Artigo 2º

A FGA é unha entidad de utilidade pública, que goza de personalidade xurídica e capacidade de obrar propias para o cumprimento dos seus fins, que se basea na Lei 10/1990, do 15 de outubro e disposicións dictadas no seu desenvolvemento, polos presentes estatutos e acordos adoptados validamente polos seus órganos, séndolle de aplicación, en todo aquilo que non teña regulado as disposicións legais

que correspondan, con total garantía dos principios democráticos e representativos.

Artigo 3º

A FGA acatará as regras do Comité Olímpico Español. Así mesmo a FGA acatará normas xerais da RFEA, relativas a fichaxes, participación, inscricións, reclamacións de carácter técnico de competición, e calquera outra de ámbito nacional, no que non se opoña ó disposto nestes estatutos.

Artigo 4º

O domicilio da FGA establécese en Santiago de Compostela, podendo ser trasladado a otro lugar, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, por acordo dos dous tercios de asemblea xeral.

Artigo 5º

A FGA non permitirá, no cumprimento dos seus fins, ningunha discriminación por razón persoal, política, racial, relixiosa ou de sexo.

Capítulo II

Funcións

Artigo 6º

1) A FGA ten como función propia fundamental a de promover, facilitar, planificar, administrar e dirixir, con carácter exclusivo, a práctica do atletismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

2) A FGA desenvolve, respecto ós seus asociados, as funcións de tutela, control, coordinación e supervisión que lle recoñecen os presentes estatutos, as disposicións da RFEA, da I.A.A.F. e as normas legais de carácter deportivo.

3) A FGA é a única competente, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, para regulamentar, organizar, xestionar e controla-las competicións oficiais de atletismo.

Artigo 7º

1. A FGA, ademais das súas competencias propias de goberno, administración, xestión , organización regulamentación do atletismo, exercelas seguintes funcións públicas de carácter administrativo:

a) Cualificar e organizar se é o caso as actividades e competicións de ámbito autónomico. A estes efectos, a organización das devanditas competicións enténdense referida á regulación do marco xeral destas, segundo se estableza na normativa federativa correspondente.

b) A promoción xeral do atletismo en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Colaborar coa Administración autonómica na formación de técnicos deportivos.

d) A prevención, control e represión do emprego de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos e métodos no regulamentarios no deporte.

e) Exerce-la potestade disciplinaria deportiva nos termos legais, regulamentaria e estatutariamente establecidos.

f) Executar se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

g) Calquera outra que lle sexa atribuída pola lexislación vixente.

2. Os actos realizados pola FGA no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo, son susceptibles de recurso perante a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e as súas resolucións esgotan a vía administrativa.

Capítulo III

Licencias

Artigo 8º

1. Para a participación en actividades ou competicións atléticas oficiais de ámbito autonómico, cómpre estar en posesión da licencia expedida pola FGA ou pola RFEA, segundo a seguinte condición:

Uniformidade das condicións económicas, en similar estamento ou categoría, a contía das cales será fixada pola asemblea da FGA. Os ingresos producidos por estes conceptos irán dirixidos prioritariamente a financia-la estructura e funcionamento da FGA.

TÍTULO II

Órganos de goberno, representación e administración

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 9º

Os órganos de goberno e representación da FGA son os seguintes:

a) A asemblea xeral e a súa comisión delegada.

b) O presidente.

Artigo 10º

Son órganos complementarios dos de goberno e representación da FGA, para asisti-lo presidente:

a) A xunta directiva.

b) O Secretario xeral.

c) O tesoureiro.

Artículo 11º

Son órganos de funcionamento da FGA :

a) O comité galego de xuíces.

b) O comité técnico.

c) A comisión de clubs.

d) A comisión de atletas.

e) A comisión de adestradores

f) Xuíz único ou comité de competición.

g) Comité de apelación.

h) Comité de xurisdición.

i) Comité autonómico de atletas veteráns.

j) Os comités ou comisións que considere oportunos o presidente.

Artigo 12º

Serán órganos electivos, o presidente, a asemblea xeral e a comisión delegada. Os demais órganos serán designados e separados libremente polo presidente da FGA.

Artigo 13º

Son requisitos xerais para ser membro de calquera órgano de goberno da FGA, sen prexuízo do establecido regulamentariamente, os seguintes:

a) Te-la condición política de galego, segundo o disposto no artigo 3 da Lei órganica 1/1981, do 6 abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

b) Te-la maioría de idade.

c) Estar en pleno uso dos dereitos civís.

d) Non estar suxeito á correción disciplinaria de carácter deportivo que o inhabilite.

e) No ter sido condenado mediante sentencia penal firme que leve implícita pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para cargo público.

f) Non estar incurso en ningunha causa de incompatibilidade establecida legalmente ou nos presente estatutos.

g) Xunta-los requisitos específicos propios de cada estamento deportivo.

Capítulo II

A asamblea xeral e a comisión delegada

Sección primeira

Natureza, composición e réxime da asemblea

Artigo 14º

A asemblea xeral é o órgano superior de goberno e representación da FGA, composta polo presidente da FGA, polos representantes dos clubs, de atletas, de adestradores e xuíces.

Artigo 15º

1. A asemblea xeral da FGA está integrada polos seguintes membros:

a) O presidente da FGA.

b) 30 membros representantes do estamento de clubs.

c) 8 membros representantes do estamento de atletas.

d) 2 membros representantes do estamento de adestradores.

e) 2 membros representantes de estamento de xuíces.

A suma de tódolos membros citados constituirá o quórum total e absoluto da asemblea xeral da FGA.

En caso de que por algún dos estamentos non se cubra a totalidade dos postos establecidos, constituirase a asemblea con que queden.

Artigo 16º

Os membros da asemblea xeral, serán elixidos cada catro anos, coincidindo cos anos dos Xogos Olímpicos de inverno, mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto, entre e polos compoñentes de cada estamento atlético de acordo coas seguintes proporcións:

-70% 16 representantes de clubs (catro en cada provincia).

-14 representantes de clubs (elexidos en cada provincia, segundo o número de clubs).

-20% 4 representantes de atletas (un en cada provincia).

-4 representantes de atletas (para distribuir entre cada provincia, segundo o número de licencias).

-5% 2 representantes de adestradores (saldrán elexidos os dous máis votados das catro provincias.

(En ningún caso poderán ser-los dous da mesma provincia).

No caso de que os dous candidatos máis votados fosen da mesma provincia, o 2º en número de votos será eliminado, ocupando o seu posto o que o segue en votos doutra provincia diferente á de que obtivese maior número de votos.

-5% 2 representantes de xuíces (con o mesmo sistema que o apartado de adestradores).

Sección segunda

Asemblea xeral: clase de reunións

Artigo 17º

A asemblea xeral poderá xuntarse:

a) En pleno con carácter ordinario ou extraordinario.

b) En comisión delegada.

Sección terceira

Asemblea xeral ordinaria. Competencias

Artigo 18º

1. A asemblea xeral en canto órgano máximo de goberno e representación da FGA, pode adoptar calquer acordo ou decisión sobre esta, con sometemento ás regras de competencia e procedemento.

2. A asemblea xeral ordinaria tendrá a competencia nas seguientes materias:

a) Aprobación do calendario deportivo, bases e regulamentos das competicións, e memoria das actividades anuais.

b) Aprobación da liquidación do orzamento do exercicio anterior.

c) Aprobación do proxecto do orzamento do exercicio seguinte.

d) Análise, se é o seu caso aprobación, das propostas presentadas pola xunta directiva e os membros da asemblea xeral, presentadas na forma e condicións que regulamentariamente se determinen.

e) A aprobación do gravame ou enaxenación dos bens inmobles da FGA, cando o importe da operación sexa igual ou superior ó 10 por cento de seu orzamento ou catro millóns de pesetas. Este acordo necesitará un mímino de 2/3 dos votantes presentes.

f) A elección e cesamento dos membros da comisión delegada da asemblea xeral así como a provisión das vacantes que se produzan do mandato, na forma que legal e regulamentariamente se determine.

As materias enumeradas baixo os apartados a), b) e c), deberá serlles tratadas preceptiva e inexcusablemente unha vez ó ano na asemblea xeral ordinaria.

A documentación relativa ós apartados a),b) e c) deberán ser enviada ós membros da asemblea xeral, ó menos, con sete días de antelación á data de celebración.

Sección cuarta

Asemblea xeral extraordinaria. Competencias

Artigo 19º

A asemblea xeral reunirase en sesión extraordinaria cantas veces sexa necesario, a inicitiva do presidente da FGA ou da comisión delegada, por acordo adoptado por maioría, ou a petición dun número de membros da asemblea xeral non inferior ó 30%, nos termos regulados regulamentariamente.

Con carácter enunciativo e non limitativo, a asemblea xeral en sesión extraordinaria terá as seguintes competencias:

a) Aproba-la convocatoria de eleccións á asemblea xeral, comisión delegada e presidente, nos termos que legal e estatutariamente estean regulados.

b) O voto de censura ó presidente, na forma regulada nos presentes estatutos. Este acordo necesitará un mínino dos 2/3 dos votos presentes.

c) Decidir sobre a proposta de cambio de domicilio da FGA.

d) Calquera outro asunto que non este expresamente atribuído polos presentes estatutos a outro órgano.

e) A disolución e liquidación da FGA, nos termos regulados nos presentes estatutos.

f) A aprobación e modificación dos estatutos da FGA. Este acordo necesitará como mínimo dos 2/3 dos votos presentes.

Sección quinta

Comisión delegada da asemblea xeral: competencias. Quórum para a adopción de acordos. Réxime

Artigo 20º

1. A comisión delegada da asemblea xeral, composta por seis membros, elixidos de entre os estamentos de clubs, atletas, adestradores e xuíces, da asemblea xeral; ademais do presidente da FGA, xuntarase, como mínimo, unha vez cada catro meses, e terá as seguintes competencias:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación do orzamento do exercicio seguinte.

b) O seguimento da actividade atlética e xestión económica da FGA mediante a elaboración dun informe anual á asemblea xeral sobre a memoria de actividades e a liquidación de contas do exercicio anterior.

c) A modificación do calendario atlético.

d) A modificación do orzamento.

e) A aprobación e modificación dos regulamentos da FGA

f) Autoriza-lo gravame ou alleamento dos bens inmobles da FGA, sempre que o importe da operación sexa inferior ó 10 por cento de seu orzamento ou a catro millóns de pesetas. Este acordo necesitará dun mínimo de 2/3 dos votos presentes.

g) A asemblea xeral poderalle encomendar expresamente á comisión delegada calquier outra cuestión que non sexa competencia exclusiva desta.

2. A proposta sobre os asuntos enumerados baixo os apartados c), d) e e) corresponden exclusivamente ó presidente da FGA ou ós dous tercios dos membros da comisión delegada.

Artigo 21º

1. A asistencia ás xuntanzas da comisión delegada, non é delegable, e será obrigatoria. A falta de asistencia, sen xustificación, durante tres sesións consecutivas ou cinco alternas dun membro da comisión delegada ás xuntanzas desta, presentaráselle á asemblea xeral para cesalo e cubri-la súa vacante, se houbera lugar.

2. As vacantes que se produzan de cada estamento, poderán ser substituídas anualmente por e entre os membros da asemblea xeral, pertencentes ó mesmo estamento no cal se produciu a baixa.

3. Para a constitución, elección, renovación e funcionamento da comisión delegada da asemblea xeral, haberá que aterse ó disposto nos presentes estatutos e ó que legal e regulamentariamente se determine.

Sección sexta

Do réxime das convocatorias á asemblea xeral e comisión delegada. Constitución da reunión

Artigo 22º

1. A asemblea xeral e a comisión delegada deberán ser convocadas coa seguinte antelación mínima respecto á data prevista para a súa celebración:

a) A asemblea xeral ordinaria, 15 días naturais, e a extraordinaria 10 días naturais.

b) A comisión delegada da asamblea será convocada, ó menos, con sete días naturais.

2. Se se atopasen en xuntanza, aínda que fose sen previa convocatoria, a totalidade dos membros da asemblea xeral ou da comisión delegada, por acordo unánime, poderán constituírse en sesión e, en tal caso, aprobaren en primeiro lugar a orde do día da xuntanza

3. Na convocatoria será preciso facer consta-los puntos da orde do día, con expresión do día, hora de cada unha das dúas convocatorias e lugar de celebración da xuntanza. En todo caso deberá incluírse na orde do día da asemblea xeral a aprobación da acta da anterior xuntanza e a designación de dous delegados escrutadores.

4. A convocatoria realizarase mediante notificación remitida ós membros integrantes da asemblea xeral e comisión delegada.

Artigo 23º

Para que as sesións da asemblea xeral e a comisión delegada queden validamente constituídas, cómpre asistir, en primeira convocatoria, como mínimo, a metade dos seus membros de pleno dereito. En segunda convocatoria, en canto á asemblea xeral, quedará constituída calquera que sexa o número de asistentes, e en canto á comisión delegada deberán concorrer, polo menos, un tercio dos seus membros e como mínimo, media hora máis tarde de ámbolos supostos.

Artigo 24º

As votacións no seo da asemblea xeral e comisión delegada da FGA realizaranse no xeito e pola orde que a presidencia estableza, sendo ésta a que dicidirá se son ordinarias, nominais ou secretas; se polo menos o vintecinco por cento dos asistentes solicita unha modalidade determinada, a forma de votación decidirase por maioría simple dos membros da asemblea xeral e comisión delegada.

En caso de empate, o voto do presidente será de calidade.

Artigo 25º

De tódolos acordos adoptados na asemblea xeral e comisión delegada, levantará acta o secretario destas especificando o nome das persoas que interviran e as demais circunstancias que se consideren oportunas, contido dos acordos adoptados, o resultado da votación, e, se é ocaso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

Os votos contrarios ó acordo adoptado ou as abstencións motivadas eximirán a quen os omitan de calquera responsabilidade derivada de tales acordos.

Artígo 26º

Os acordos da asemblea xeral e da comisión delegada serán vinculantes e de obrigado cumprimento para a totalidade dos órganos, persoas e entidades

que integran a FGA, tendo forza executiva a partir da data de súa adopción.

Sección sétima

Do cesamento dos membros da asemblea xeral e comisión delegada

Artigo 27º

Os membros da asemblea xeral e a comisión delegada cesarán polas seguintes causas:

a) Por defunción.

b) Por disolución da entidade á que representan, ou a non renovación da súa licencia federativa.

c) Por expiración do mandato para o que foi elixido.

d) Por renuncia voluntaria ou demisión.

e) Por incorrer en causa de inelixibilidade ou incompatibilidade legal ou estatutaria.

f) Por sanción disciplinaria imposta en forma regulamentaria que implique o cesamento no cargo que ostenta.

Capitulo III

O presidente

Artigo 28º

O presidente da FGA, que o será tamén da asemblea xeral, a súa comisión delegada e xunta directiva, e o órgano executivo desta que asume a súa alta dirección en tódolos asuntos que o requiran segundo os estatutos e os acordos dos órganos de goberno.

Artigo 29º

O presidente terá as seguintes funcións e atribucións:

a) Ostenta-la representación legal da FGA ante os membros integrantes da federación, e ante toda clase de autoridades, organismos, tribunais, entidades, corporacións e particulares.

b) Convocar e presidi-los órganos de goberno e representación da FGA con voto de calidade en caso de empate na adopción de acordos, e executar estes, asumindo a presidencia dos ditos órganos.

c) Estimular e coordina-la actuación dos distintos órganos federativos.

d) Ordenar pagos a nome da federación, asinando co tesoureiro e/o secretario xeral ou a persona expresamente designada polo presidente para substituílos.

e) Coidar de que os órganos federativos axusten a súa actuación ó disposto nestes estatutos e nos regulamentos que os desenvolvan.

f) Conferir poderes especiais ou xerais a letrados, procuradores ou calquera outra persoa mandataria para que ostente a súa representación legal, tanto en xuízo o como fóra de él.

g) Convoca-la asemblea xeral, a súa comisión delegada, a xunta directiva e os demais órganos complementarios dos de goberno, os cales presidirá.

h) Nomear ou cesa-los presidentes das delegacións.

i) Designa-lo secretario xeral e o tesoureiro.

j) Designar ou cesa-los membros da xunta directiva e dos demáis órganos non electivos da FGA.

k) Propoñe-la comisión delegada da asemblea xeral:

1. A modificación do calendario deportivo.

2. A modificación dos orzamentos.

3. A aprobación e modificación dos regulamentos.

1) Ademais todas aquelas atribucións conferidas por tódolos órganos superiores de goberno e as que se deriven dos presentes estatutos e as leis.

Artigo 30º

O presidente será elixido cada catro anos, coincidindo cos años que se celebren os Xogos Olímpicos de inverno, mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto, polos membros da asemblea xeral. Os candidatos, que poderán non ser membros da asemblea xeral, deberán ser presentados como mínimo polo 10% dos membros da asemblea.

No caso de que, excepcionalmente, quede vacante a presidencia antes de que transcurra o prazo, dos catro anos devanditos, a asemblea xeral procederá a unha nova elección para cubri-la vacante polo tempo que falte ata o remate do prazo correspondente ó mandato ordinario.

Artigo 31º

O procedemento de elección do presidente, axustarase ó previsto no regulamento de eleccións ó que se refiren os artigos correspondentes.

Artígo 32º

O presidente cesará no seu cargo:

a) Polo cumprimento do prazo para o que resultou elixido.

b) Por finar ou incapacidade física ou mental declarada legalmente.

c) A petición propia

d) Por aprobación de moción de censura pola asemblea xeral.

e) Por ocupar cargo directivo en entidades ou clubs suxeito á disciplina federativa ou en asociación deportiva allea ó atletismo.

f) Polas demais causas que determinen as leis.

Artigo 33º

A moción de censura ó presidente, que será constructiva, deberá ser solicitada por un tercio dos membros da asemblea xeral.

A moción de censura seralle presentada de forma razonada ó presidente, quen deberá convocar, con carácter extraordinario, a asemblea xeral, para que esta se xunte nun prazo máximo de 30 días naturais, con mencionada moción como único punto da orde

do día. A notificación desta sesión extraordinaria, será tamén con 10 días naturais, polo menos, de antelación.

Se o presidente non convocara a asemblea xeral, a convocatoria correspondente poderá ser solicitada á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A sesión da asemblea xeral, na que se debata a moción de censura, será presidida polo membro de maior idade.

Capítulo IV

A xunta directiva

Artigo 34º

A xunta directiva é o órgano colexiado de xestión da FGA, así como de asistencia ó presidente, sendo os seus membros deseñados e revogados de xeito libre polo presidente da federación, que a presidirá.

Artigo 35º

A xunta directiva da FGA comporase, a criterio do presidente, por un número de membros non inferior a 5 nin superior a 15, incluído el mesmo, dos que todos terán voz e voto. No terán voto os cargos remunerados.

Artigo 36º

A xunta directiva estará presidida polo presidente da FGA e composta por:

a) Un ou máis vicepresidentes.

b) O secretario xeral.

c) O tesoureiro.

d) Os vocais.

Artigo 37º

Os membros da xunta directiva que non o sexan da asemblea xeral terán acceso ás sesións da asemblea xeral, con dereito a voz pero sen voto.

Artigo 38º

O presidente, vicepresidente, secretario xeral e o tesoureiro da xunta directiva e os presidentes das delegacións, non poderán ocupar cargo directivo ningún en asociacións deportivas dedicadas ó deporte atlético, agás a de a representación que ostenten nos órganos superiores de goberno. O ocupar cargos directivos noutras federacions deportivas, por parte do presidente ou directivo da FGA o presidente da delegación, será causa de incompatibilidade; exceptúase a Real Federación Española de Atletismo.

Artigo 39º

É competencia da xunta directiva:

a) Prepara-las relatorias e documentos que sirvan de base á comisión delegada da asemblea para que esta exerza as funcións que lle corresponde.

b) Prepara-las relatorias e documentos que sirvan de base á asemblea xeral, para que esta exerza as funcións que lle corresponden.

c) Prepara-las relatorias e documentos á comisión delegada, para a aprobación dos reglamentos internos da FGA e os relativos as comisións e comités de artigo 10º e das súas modificacións.

d) Propoñe-lo traslado de domicilio da FGA dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) A elaboración del proxecto de orzamento da FGA, para a sua presentación á asemblea xeral.

f) Colaborar co presidente na dirección económica, administrativa e deportiva da FGA e nas execucións dos acordos dos demais órganos colexiados superiores de goberno e representación destas.

Artigo 40º

Os vicepresidentes colaborarán co presidente da FGA no desempeño dos cometidos que este lles encomende e substituirano en tódolos casos de ausencia o enfermidade pola súa orde.

Os vocais da xunta directiva, cooperarán na xestión dos asuntos que a esta lle corresponden e desempeñarán as misións que se lle encomenden por acordo daquela ou do seu presidente.

Artigo 41º

Poderán asistir ás xuntanzas da xunta directiva, se son chamados polo seu presidente, con voz pero sen voto, os representantes dos órganos federativos que non formen parte dela, así como aquelas persoas das que o seu informe poida, ó seu xuízo, resultar conveniente en relación co punto ou cos puntos determinados pola orde do día.

Artigo 42º

A xunta directiva reunirase como mínimo unha vez cada catro meses. A convocatoria, que corresponde ó presidente, deberá serlles notificada ós sus membros, ó menos, con 7 días naturais, de antelación, agás casos de urxencia, acompañando a orde do día.

As sesións convocadas en caso de urxencia serán sempre notificadas, polo menos, con 48 horas de antelación.

Artigo 43º

A validez das reunións da xunta directiva, requirirá que concorran en primera convocatoria, a maioría dos seus membros, e en segunda, un tercio deles. Os seus acordos tomaranse por maioría.

Artigo 44º

Os membros da xunta directiva cesarán por:

a) Por defunción.

b) A petición propia.

c) Revogación do nomeamento por parte do presidente.

d) Por expiración do prazo de mandato do presidente da FGA.

e) Incorrer en causa de inelixibilidade.

f) Incorrer nunha das causas de incompatibilidade cando non renuncien á actividade ou cargo incompatible.

Capítulo V

O secretario xeral

Artigo 45º

O secretario xeral da FGA, que á súa vez o é da asemblea xeral, comisión delegada, da xunta directiva e dos demáis órganos, comités e comisións da FGA, asistirá ó presidente da FGA en tódalas actividades propias do seu cargo.

Artigo 46º

O secretario xeral correspóndelle exerce-las funcións de fedatario e asesor da FGA, a preparación e despacho material dos asuntos así como a dirección e organización das funcións administrativas. Asumirá a xefatura do persoal, sen prexuízo das facultades de delegación que en tal sentido lle correspondan.

Artigo 47º

O secretario xeral, como secretario nato dos órganos, comisións e comités da FGA, a ás reunións dos cales asiste con voz pero sen voto, salvo que pertenza de pleno dereito ós mesmos, correspóndelle:

a) Informar verbalmente ou por escrito, contestando as consultas que se lle fagan sobre os asuntos pendentes nos órganos da FGA dos que forma parte e das reunións que celebren os distintos órganos federativos.

b) Levanta-la acta de tódolos acordos e unha vez aprobados, asinar co visto e prace dos respectivos presidentes e pasalos ós libros correspondentes.

c) Expedi-las certificacións da FGA.

d) Coordina-la actuación dos distintos órganos da FGA.

e) Emiti-los informes que se lle soliciten.

f) Cantas funcións lle encomenden as normas regulamentarias da FGA.

g) Custodia-los libros de actas e rexistros da FGA.

h) Remitirlle á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, actas das xutanzas da asemblea xeral e da comisión delegada, nun prazo de 15 días, a partir da celebración.

O secretario xeral poderá delega-lo exercicio das súas funcións noutros funcionarios da FGA ou entre os membros dos órganos, comisións e comités, se fose necesario, ou en caso de ausencia ou enfermidade.

Capítulo VI

O tesoureiro

Artigo 48º

O tesoureiro da FGA, correspóndelle:

a) Custodia-los fondos federativos e levar ó día a contabilidade e vixiar esta, axustada ás normas de adaptación do plan xeral de contabilidade as federacións deportivas.

b) Custodia-los libros e documentos relativos á contabilidade da FGA, vixiando a súa exacta posta ó día.

c) Coidar de que os pagamentos que ordene o presidente correspondan ós gastos autorizados no orzamento.

d) Cobrar cantidades e asina-los recibos correspondentes.

e) Elabora-lo anteproxecto do orzamentos para súa análise e aprobación pola xunta directiva e asemblea xeral e confecciona-lo balance con especificación e desagregación dos gastos e ingresos.

f) Exerce-la inspeción económica da federación, propoñendo medidas disciplinarias en caso de infracción.

Capítulo VII

O director técnico

Artígo 49º

O director técnico correspóndelle exerce-la dirección e organización das funcións técnicas da FGA.

O director técnico asistirá á xunta directiva, comisión delegada e asemblea xeral, con voz, pero sen voto, salvo que pertenza de pleno dereito a estas.

O director técnico correspóndelle:

a) Realizar propostas de actividades deportivas, que vaia desenvolvela la FGA, tales como: calendario de competicións, concentracións, proxecto de promoción atlética, cursos de reciclaxe e formación de técnicos.

b) Elabora-las normas técnicas das competicións, incluídas as propias das delegacións.

c) Selecciona-los atletas das distintas seleccións.

d) Elixir ós técnicos que integrarán a comisión técnica da FGA, que presidirá.

e) Informa-la xunta directiva, comisión delegada e asemblea xeral sobre o desenvolvemento das actividades que se atopen baixo a súa dirección.

Capítulo VIII

As comisións e comités

Artigo 50º

As comisións e comités rexeranse polo disposto nestes estatutos e nos seus regulamentos respectivos, propostos polos membros de cada un deles, e presentados polo presidente da FGA á comisión delegada para a súa aprobación. Estes regulamentos regularán tanto os cometidos e o funcionamento da comisión o comité como os dereitos e obrigas dos membros de cada estamento.

Artigo 51º

As comisións e comités comporanse dun presidente e tres vocais, como mínimo, e sete como máximo, nomeados polo presidente da FGA.

Artigo 52º

As comisións e comités reuniranse con carácter ordinario, polo menos, unha vez ó ano, podendo facelo con carácter extraordinario se son convocados polo

seu presidente ou a proposta da metade máis un dos seus vocais.

Artigo 53º

As comisións e comités consideraranse validamente constituídos se foron convocados polo seu presidente con, polo menos, 48 horas de antelación e asisten a metade máis un dos seus compoñentes.

Quedarán non obstante, validamente constituídos, aínda que non cumprisen os requisitos de convocatoria, se concorren tódolos seus membros e así o acorden por unanimidade.

Artigo 54º

As comisións e comités son órganos consultivos da FGA, e informarán a xunta directiva de tódolos acordos.

Así mesmo, as comisións e comités poderán formular propostas á xunta directiva para a súa consideración pola asemblea xeral.

Artigo 55º

A previsión de gastos ordinarios para o desenvolvemento de súas actividades formarán parte do orzamento xeral da FGA. Os gastos extraordinarios deberán ser aprobados pola comisión delegada da FGA, logo da correspondente proposta razoada das respectivas comisións e comités, á que se acompañará informe do tesoureiro da FGA.

Capítulo IX

Normas xerais de funcionamento

Artigo 56º

En tódalas reunións dos órganos de goberno, representación e administración da FGA, cada membro terá dentro do organismo en que forme parte voz e voto, con excepción dos supostos que se establecen nos presentes estatutos.

Os acrodos adoptaranse, como regra xeral, por maioría simple, agás naqueles casos na que sexa necesaria maioría cualificada, de conformidade cos presentes estatutos.

Artigo 57º

As decisións dos órganos da FGA producirán efecto desde o día seguinte ó da súa notificación, salvo disposición expresa en contra.

Artigo 58º

De tódolos acordos dos órganos colexiados da FGA levantará acta o secretario do órgano de que se trate, especificando o resultado da votación e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado e cantas circunstancias se consideren oportunas.

Os votos contrarios ó acordo adoptado ou as abstencións motivadas, eximirán das responsabilidades que puideran derivarse, se é o caso, dos acordos dos órganos colexiados.

Tódolos acordos dos órganos superiores colexiados de goberno e representación da FGA serán públicos, agás cando estes decidan, excepcionalmente, o con

trario, por unha maioría de tres cuartas partes dos seus membros.

TITULO III

A xunta xestora

Artigo 59º

Cando quede vacante o cargo de presidente antes do remate do seu mandato natural, constituirase unha xunta xestora, composta polos membros da xunta directiva, para o obxecto de exercita-las facultades propias da presidencia de forma interina, e para convocar eleccións, seguindo as prescricións do regulamento electoral, no prazo máximo de trinta días. A xunta xestora designará, de entre os seus membros, a un presidente e os seus acordos reflectirán no correspondiente libro de actas da FGA.

Se os membros da xunta directiva non quixeran facerse cargo desta misión, deberán demitir dos cargos que ostenten e asumir tal cometido, a título de xunta xestora, os membros da comisión delegada.

Realizadas as eleccións, o novo presidente terá un mandato cunha duración que será igual ó tempo que lle quedase por cumprir ó seu predecesor, transcorrido o cal deberán convocarse novas eleccións.

TÍTULO IV

As eleccións a asemblea xeral, á presidencia e á comisión delegada

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 60º

Son órganos electivos: o presidente, á asemblea xeral e súa comisión delegada.

Artigo 61º

Cada catro anos, coincidindo cos anos dos Xogos Olímpicos de inverno, a xunta directiva da FGA convocará as eleccións a asemblea xeral, constituíndose de inmediato en xunta xestora.

Artigo 62º

O regulamento de eleccións á asemblea xeral, á presidencia e a comisión delegada, haberá de regular as siguintes cuestións:

a) Circunscricións electorais e número de representantes de cada estamento por cada unha delas.

b) Calendario electoral.

c) Censo electoral.

d) Composición, competencias e funcionamento da xunta electoral.

e) Requisitos para a presentación e proclamación de candidatos.

f) Procedemento de resolución de conflictos e reclamacións.

g) Situación composición, competencias e funcionamento das mesas electorais.

h) Posibilidade de recursos electorais.

i) Elección de presidente.

j) Elección da comisión delegada da asemblea.

k) Voto por correo para a elección dos membros da asemblea, non podendo empregarse este sistema para a elección do presidente ou comisión delegada.

O regulamento de eleccións a asemblea xeral, á presidencia e a comisión delegada, deberá ser aprobado pola asemblea xeral, a proposta da xunta directiva da FGA.

Posteriormente, deberá someterse á aprobación da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Capítulo II

Circunscricións e censos electorais

Circunscricións electorais

Artículo 63º

Para os estamentos de clubs e atletas, a circunscripción electoral será a provincia. Para os estamentos de adestradores e xuíces, a circunscrición electoral será única.

Artigo 64º

Comporán o censo de clubs, tendo dereito a votaren e a seren elixidos, dentro da circunscrición electoral por onde nese momento teñan o seu domicilio social, tódolos clubs debidamente rexistrados no rexistro de clubs da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, ata a data da convocatoria das eleccións, e que o estivesen, polo menos durante a tempada anterior, así como ter participado igualmente durante a tempada anterior en competicións oficiais.

Consideraranse clubs para efectos electorais os que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter, como mínimo, 25 licencias de atletas durante a tempada anterior a aquela na que se celebren eleccións.

b) Ter realizadas os seus atletas un número de actuacións individuais nas probas oficiais, non inferior a 150, efectuadas durante a tempada anterior á data na que se celebren as eleccións.

Artigo 65º

Comporán o censo de Atletas tendo dereito a votar e seren elixidos, dentro da circunscrición electoral, por onde nese momento dispoñan de licencia federativa, tódolos atletas maiores de 18 anos, que dispoñan de licencia federativa na tempada no curso ou a tivesen, polo menos, na anterior, ainda que fose por outra circunscrición, así como por participar, igualmente durante a tempada anterior, en competicións oficiais.

Artigo 66º

Comporán o censo de adestradores, tendo dereito a votar e seren elixidos, dentro da circunscrición electoral única, tódolos adestradores en activo ou que formen parte de comités técnicos, directivos da

FGA ou de delegación, con titulación de adestrador na ENE, ou de la FGA, cunha antigüidade polo menos dun ano ó día da convocatoria das eleccións á asemblea xeral.

Artigo 67º

Comporán o censo de xuíces, tendo dereito a votar e seren elixidos, dentro da circunscrición electoral única, tódolos xuíces con licencia en vigor, cunha antigüidade de polo menos un ano ó día da convocatoria das eleccións á asemblea xeral, que tivesen actuado, en competicións oficais durante a tempada anterior, ou que sexan membros dalgún órgano de goberno, representación ou funcionamento da FGA ou as súas delegacións.

Capítulo III

A xunta electoral

Artigo 68º

a) A xunta electoral estará composta por catro membros. Un de cada un dos estamentos pertencentes á asemblea anterior: clubs, atletas, adestradores, xuíces, mediante sorteo público ante notario ou ante a asemblea xeral. Designaranse así mesmo os membros suplentes, en igual número e condición que para os titulares.

b) De entre os membros designados sairá o presidente, que será o de maior idade, e actuará como secretario o secretario da FGA con voz pero sen voto.

c) Os membros da xunta electoral, non poderán figurar como candidatos ós cargos de representación electa da asemblea e a presidencia da FGA.

d) Da xunta electoral terá competencia para coñecer e resolve-las incidencias que se produzan sobre o censo electoral, presentación e proclamación de candidatos, proclamación de membros da asemblea xeral e comisión delegada e do presidente da FGA, así como a decisión de calquera outra cuestión que afecte directamente á celebración das eleccións e os seus resultados.

e) As decisións da xunta electoral son executivas e formaranse por maioría de votos. En casos de empate, o voto do presidente terá carácter dirimente.

f) As impugnacións contra os acordos da xunta electoral perante o Comité Galego de Disciplina Deportiva, non suspenderán sua eficacia.

g) Unha vez esgotado o proceso electoral da asemblea xeral, do presidente da FGA e da comisión delegada, a xunta electoral disolverase.

Mesas electorais das circunscricions electorais

Artigo 69º

Para a elección dos distintos estamentos da asemblea, constituirase unha mesa electoral en cada delegación, e os seus membros non poderán ser candidatos á asemblea xeral, axustándose no seu funcionamento ás normas regulamentarias que no seu momento se establezan.

Recursos

Artigo 70º

As reclamacións realizaránselle directamente á xunta electoral e contra o que esta decida cabe recurso perante o Comité Galego de Disciplina Deportiva.

Artigo 71º

En caso de empate para a elección dos representantes á asemblea e á comisión delegada, establecerase o seguite procedimento:

a) Para representantes de clubs. Terá prioridade o que dispoña de maior número de licencias na tempada anterior.

b) Para representantes de atletas. Terá prioridade o atleta en disposición de licencia federativa máis antiga.

c) Para representantes de adestradores. Terá prioridade o adestrador en disposición de licencia da ENE ou da FGA máis antiga.

d) Para representantes de xuíces. Terá prioridade o xuíz en disposición de licencia de xuiz mais antiga.

Capítulo IV

Á presidencia

Artigo 72º

Poderá ser elixido presidente a persoa física que reúna as condicións establecidas no artigo 13 dos presentes estatutos, agás no apartado g).

A votación será libre, igual, secreta e directa, non se admitirá o voto por correo, nin por delegación das persoas físicas.

Será elixido presidente o candidato que obteña a maioría absoluta dos votos emitidos. No caso de que ningún candidato alcance esta maioría, procederáse a unha segunda votación entre os dous candidatos máis votados, resultando elixido o que obteña a maioría dos votos.

No suposto de que se presentara un só candidato, non se efectuará votación, e será proclamado presidente o único candidato.

Artigo 73º

Xuntada a asemblea xeral e unha vez acreditados os seus membros ante a xunta electoral, esta constituirá a mesa electoral, que presidirá as súas sesións e estará composta polo membro elixido, por sorteo, de entre os presentes de cada un dos diferentes estamentos representados, que non sexan candidatos, sendo presidente o de maior idade deles, e o su voto será dirimente en caso de empate na toma de acordos da mesa electoral, actuando como secretario desta o membro de menor idade da mesa.

Capítulo V

A comisión delegada

Artigo 74º

A comisión delegada da asemblea xeral da FGA estará composta por 6 membros (máis o presidente

da FGA) elixidos por e entre os compoñentes de cada un dos estamentos dela (15% dos membros da asemblea xeral).

A composición da comisión delegada será a seguinte:

O presidente da FGA.

3 clubs.

1 atleta.

1 adestrador

1 xuíz.

Artigo 75º

Os censos electorais para a elección da comisión delegada da asemblea xeral estaran constituídos en cada estamento, por tódolos membros da asemblea xeral que foran proclamados como tales pola xunta electoral.

Artigo 76º

Cada un dos membros electos da asemblea xeral poderá ser candidato para formar parte da comisión delegada da asemblea xeral, en representación do seu estamento.

Artigo 77º

Serán elixidos membros da comisión delegada os que obteñan o número máis elevado de votos por cada estamento, ata completa-los correspondentes membros por cada un.

En caso de empate entre os candidatos do estamento de clubs, sairá elixido o club que tivese maior número de licencias a tempada anterior. En caso de empate entre os candidatos do estamento de atletas, saldrá elixido o atleta con licencia federativa máis antiga. Para o estamento de adestradores, o de título máis antigo da ENA ou da FGA. Para o de xuíces, o de licencia de xuíz máis antiga.

En caso de non resolverse o empate coa aplicación das normas anteriores, resolveráse en tódolos casos a favor do de máis idade.

TÍTULO V

Os clubs, atletas, adestradores, xuíces e outros colectivos

Artigo 78º

Os clubs, atletas, adestradores, xuíces e outros colectivos, integraranse a petición propia, na FGA, a través da delegación que lles corresponda, pola súa situación xeográfica e o seu domicilio legal, sempre que se axusten á lexislación vixente e se comprometan a cumpri-los estatutos e regulamentos da FGA e a someterse á autoridade dos órganos federativos, en relación coas materias da súa competencia.

Artigo 79º

Para a autorización ou denegación da integración doutros colectivos na FGA, teranse en conta os siguientes criterios:

a) O interese deportivo do colectivo, para o desenvolvemento do atletismo.

b) A existencia do correspondente recoñecemento legal da actividade.

c) A aprobación pola asemblea xeral a proposta da xunta directiva co quórum esixido para a modificación de estatutos.

A integración efectuarase, a petición propia, cos mesmos criterios e requisitos que para os restantes colectivos, coas peculiaridades que lles considere propias a asemblea xeral ou se establezan regulamentariamente.

Artigo 80º

A integración na FGA producirase mediante concesión por parte desta da correspondente licencia federativa. A dita concesión será acordada pola xunta directiva da delegación a que corresponda. A súa denegación, que terá que ser motivada, será susceptible de recurso ante a xunta directiva da FGA.

Artigo 81º

Tódolos membros da FGA teñen o dereito a recibi-la tutela desta con respecto ós seus intereses deportivos lexítimos, así coma o de participar nas súas actividades e no funcionamiento dos seus órganos, de acordo con os presentes estatutos e con os regulamentos internos de aquela.

Os membros da FGA teñen, a súa vez, o deber de acata-los acordos dos seus órganos, sin prexuízo de recorrer ante as instancias federativas competentes, se é o caso, ante a comisión de arbitraxe que no seu momento se estableza, e no seu defecto, o que resolva ó respecto o organismo competente da Xunta de Galicia.

Os clubs quedan obrigados a facilitarlle á FGA a asistencia dos seus atletas ás convocatorias que teñan lugar para formar parte das distintas seleccións galegas. Así mesmo os atletas quedan obrigados a participar (salvo lesión ou outra causa xustificada), en tódalas convocatorias das seleccións galegas.

TÍTULO VI

O patrimonio e os recurso económicos

Capítulo I

O réxime económico

Artigo 82º

O patrimonio da FGA está integrado polos bens e dereitos dos que a titularidade lle corresponda.

Artigo 83º

Os recursos económicos da FGA están constituídos por:

a) As subvencións ordinarias ou extraordinarias da Xunta de Galicia e da RFEA.

b) As subvencións e donativos doutros organismos oficiais, entidades ou particulares.

c) As herdanzas, legados e doazóns que se lle outorguen.

d) Os avais feitos efectivos, cando non proceda regulamentariamente á súa anulación.

e) As cotas e dereitos que aprobe a asemblea xeral, así como as recargas de demora e as multas ou calquera outra sanción de carácter pecuniario.

f) As cotas de amortización de anticipos e préstamos concedidos pola federación con cargo ós seus recursos; as rendas de inmobles e dos valores de súa carteira, xuros da conta corrente e productos de alleamento de bens adquiridos con recursos propios.

g) Os froitos, rendas e xuros dos seus bens patrimoniais.

h) Préstamos ou créditos que se lle concedan.

i) Os beneficios que produzan os actos deportivos que organice.

j) Os beneficios que produzan as actividades que desenvolvan.

k) Calquera outro tipo de ingreso que non se opoña ó propio carácter da FGA.

Capítulo II

O orzamento

Artigo 84º

A vida económica da FGA axustarase ó orzamento que se aprobe na asemblea xeral. A administración do orzamento responderá ó principio de caixa única, e deberá dedica-los seus ingresos propios de xeito prioritario ós seus gastos de estructura. Para estes efectos a xunta directiva presentara anualmente á asemblea xeral ordinaria o oportuno proxecto. Ó devandito proxecto achegaráselle:

a) O estado de diferencia en relación co orzamento vixente e memoria explicativa deste.

b) O avance da liquidación do orzamento en curso.

Artigo 85º

Os proxectos do orzamento presentaranse nivelados e clasificados por capítulos, artigos e conceptos. As partidas autorizadas no orzamento de gastos teñen carácter limitativo, e polo tanto, no poderán acordarse gastos que excedan das previsións.

Artigo 86º

A aprobación de gastos e ordenación de pagamentos correspondera ó presidente da FGA.

Os actos de disposición de bens inmobles, concerto de préstamos, emisión de títulos transmisibles de débeda e parte alícuota patrimonial, precisarán a aprobación da asemblea xeral ordinaria, requirindo o voto favorable dos 2/3 dos asistentes.

Artigo 87º

O saldo final do exercicio dos orzamentos liquidados figurará no seguinte orzamento ordinario.

Capítulo III

O balance e contabilidade

Artigo 88º

A xunta directiva presentará o balance para á súa aprobación pola asemblea xeral ordinaria, con suficiente especificación de partidas e dentro destas de conceptos concretos, de modo que se traduzca non só o déficit, superávit ou equilibrio no seu conxunto, senón tamén o de as diversas partidas e conceptos.

Artigo 89º

Pola FGA levaranse os libros de contabilidade de aplicación ó sistema oficial contable, así como os de carácter auxiliar que se consideren oportunos, axustándose ás normas de adaptación do plan xeral de contabilidade, co fin de que poida coñecerse en calquera momento o estado de contas.

Nos libros de contabilidade figurarán, tanto o patrimonio coma os dereitos e obrigas, ingresos e gastos con especificación da orixe de aqueles e o destino.

Artigo 90º

Os fondos depositaranse necesariamente en conta corrente, nun establecemento bancario ou caixa de aforros, a nome da FGA. Non obstante poderán conservarse en caixa as sumas que, dentro do límite que discrecionalmente sinale o presidente, se consideren precisas para atender pequenos gastos.

As disposicións de fondos con cargo ás contas correntes, deberán autorizarse por dúas sinaturas entre as do presidente e as persoas autorizadas por el mesmo.

TÍTULO VII

O réxime documental

Artigo 91º

A FGA levará o menos, ademais dos correspondentes libros de contabilidade e auxiliares ós que se refiere o artigo 89º dos presentes estatutos, os correspondentes de rexistro e delegacións, de rexistro de clubs, de actas e inventario de bens mobles e inmobles.

Artigo 92º

O libro de rexistro das delegacións deberá reflecti-las denominacions destas, ámbito territorial, o seu domicilio e os nomes e apelidos dos cargos de representación, con especificación das datas de toma de posesión e cesamentos.

Artigo 93º

Nos libros de actas consignaranse as reunions que celebre a asemblea xeral, a comisión delegada, a xunta directiva e demais órganos colexiados, con expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As actas serán subscritas en todo caso polo presidente e o secretario.

Artigo 94º

Os libros federativos quedarán custodiados no domicilio da FGA, a disposición dos membros integrados nela, para o seu exame ou consulta.

TÍTULO VIII

O réxime disciplinario

Artigo 95º

Constituída a organización deportiva da FGA con base na afiliación voluntaria dos seus compoñentes, todos eles reconoñecen a disciplina daquela e quedan obrigados a acata-las decisións dos seus órganos disciplinarios que deberán actuar consonte os ós estatutos e regulamentos que os desenvolven, podendo impugnalas a través dos recursos que legalmente procedan.

Artigo 96º

Son órganos disciplinarios da FGA.

a) O xuíz único ou comité de competición.

b) O comité de apelación.

Artigo 97º

Todo o relativo ó réxime disciplinario da FGA, tipificación de faltas e sancións, competencias dos órganos disciplinarios da FGA e normas de procedemento será establecido regulamentariamente, de conformidade co disposto nas disposicións legais vixentes.

Artigo 98º

Fronte ós actos e acordos de carácter disciplinario ou dos órganos da FGA, os seus membros poderán acudir, unha vez esgotados os recursos federativos, ó Comité Galego de Disciplina Deportiva da Xunta de Galicia.

TÍTULO IX

A conciliación extraxudicial

Artigo 99º

As cuestións litixiosas de natureza xurídico deportiva, suscitadas ou que poidan suscitarse entre os atletas, técnicos-adestradores, xuíces, clubs e demais partes interesadas, poderán ser resoltas mediante a aplicación de fórmulas específicas de conciliación ou arbitraxe, nos termos e baixo as condicións que a lexislación correspondente estableza sobre a materia.

Artigo 100º

Para tal efecto, a FGA establecerá regulamentariamente o sistema de conciliación ou arbitraxe.

O convenio arbitral formalizarase por escrito e nel expresarase a renuncia á vía xudicial e a obriga das partes de cumpli-la decisión de arbitraxe nos termos que resulten de aplicación, de conformidade coa lexislación correspondente.

TÍTULO X

A modificación dos estatutos

Artigo 101º

Os estatutos da FGA unicamente poderán ser modificados por acordo da asemblea xeral, logo de inclusión expresa na orde do día. Acompañarase á convocatoria o texto da modificación.

Artigo 102º

A proposta de modificación dos estatutos á asemblea xeral poderá ser realizada:

a) Por unha cuarta parte dos membros da asemblea xeral.

b) Pola comisión delegada.

c) Pola xunta directiva.

d) Por tres cuartas partes dos membros duns dos colectivos dos estamentos da asemblea xeral, sempre que se sexan artigos que afecten directamente ó estamento.

Artigo 103º

Aprobada a modificación dos estatutos, esta entrará en vigor a partir do momento en que sexa ratificada polo organismo competente da Xunta de Galicia.

TÍTULO XI

Distincións

Artigo 104º

Para premia-los méritos relevantes na orde deportivo contraídos por cantas persoas, entidades e clubs estean relacionados co deporte atlético, ben sexan nacionais ou estranxeiros, la FGA poderá outorgar recompensas honoríficas que distingan o labor que en prol do atletismo se queira premiar.

Estableceranse regulamentariamente a clase de recompensas, os méritos precisos para a súa consecución e o relativo á súa solicitude e concesión.

TÍTULO XII

Disolución e liquidación da FGA

Artigo 105º

A FGA disolverase:

a) Por acordo de dous tercios dos votos da totalidade dos membros da asemblea xeral, ratificada polo organismo competente da Xunta de Galicia.

b) Pola revogación do seu recoñocemento polo organismo competente da Xunta de Galicia.

c) Por resolución xudicial firme.

d) Polas demais causas que determinen as leis.

Artigo 106º

Unha vez acordada a disolución da FGA, procederase á liquidación do seu patrimonio.

Para tal fin, a asemblea xeral deberá elixir unha comisión liquidadora que constará de sete membros, con idénticos criterios de proporcionalidade e elección da comisión delegada.

A devandita comisión liquidadora someterá a proposta de liquidación á aprobación da asemblea xeral, que se levará a efecto por maioría simple dos seus membros.

Artigo 107º

Unha vez producida a liquidación, o patrimonio neto será destinado ós fins de carácter deportivo

que determine o organismo competente da Xunta de Galicia.

TÍTULO XIII

Estructura territorial da FGA

Artigo 108º

A FGA estructúrase territorialmente en delegacións.

Cada delegación quedará integrada por clubs, atletas, adestradores e xuíces, que correspondan ó límite xeográfico fixado pola asemblea xeral.

Artigo 109º

As delegacións axustarán a sua actividade ás normas dictadas pola FGA.

As delegacións facilitaranlle á FGA toda a información que esta lles requira sobre as súas actividades.

Artigo 110º

Os presidentes das delegacións serán nomeados e cesados polo presidente da FGA, de acordo co artigo 28, apartado h) dos presentes estatutos.

A composición do equipo directivo e a competencia deste, será de libre facultade do presidente da delegación.

Do réxime económico das delegacións

Artigo 111º

Constituirán os recursos económicos das delegacións: as dotacións económicas que lles asigne a FGA.

Artigo 112º

As delegacións axustarán a súa actividade económica ó réxime de orzamentos e informarán a FGA.

Artigo 113º

A FGA controlará as subvencións e demais recursos económicos que se empreguen e asignen ás delegacións.

Artigo 114º

As operacións relativas a ingresos, gastos e pagamentos, así coma as de contabilidade, axustaranse ó establecido pola FGA.

96-944