Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

ACORDO da Corporación Municipal do Concello de Forcarei de data 13 de outubro de 1995, polo que se desestiman as alegacións presentadas e se aproba definitivamente o proxecto para a execución da obra apertura de rúa en Forcarei.

A Corporación Municipal, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 13 de outubro de 1995, por maioría absoluta, acordou o seguinte:

1º) Desestimar tódalas alegacións presentadas contra o acordo tomado polo Pleno do Concello, que tivo lugar o día 9 de agosto de 1995, sobre aprobación inicial do proxecto apertura de rúa en Forcarei e contra a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se consideran de necesaria expropiación pola execución do antedito proxecto.

2º) Aprobar definitivamente o proxecto para a execución da obra apertura de rúa en Forcarei, elaborado polo enxeñeiro técnico de Obras Públicas, Alfredo Montero Vaz, e a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se consederan de necesaria expropiación pola execución do antedito proxecto.

Faise público para xeral coñecemento e os correspondentes efectos.

Forcarei, 29 de marzo de 1996.

Manuel Brea Porto

Alcalde

9603228