Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno na súa sesión do 28 de marzo acordou a aprobación inicial do expediente de expropiación polo procedemento de taxación conxunta de predios situados en Verín-Coiro, cunha superficie total de 19.233 m, sendo a delimitación do seu ámbito territorial o seguinte: norte, herdeira de Indalecio García García-Bravo e pres de regadío; sur, camiño público; leste, camiño público e oeste, camiño de servidume a predios.

De conformidade co anterior e en cumprimento do previsto no Art. 219, 2º e 3º do texto refundido da Lei do solo, exponse ó público o expediente citado nas oficinas de secretaría deste concello polo prazo dun mes, a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concerne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Cangas, 29 de marzo de 1996.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

2733