Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-246).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 14 de marzo de 1996, acordou admitir a trámite a solicitude de formulación dun programa de actuación urbanística que levará aparellada a redacción do correspondente plan parcial para o ámbito clasificado como SUNP B-14-R pola revisión do Plan Xeral Municipal, en Longora-Liáns.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 9 de abril de 1996.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente

2831