En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os
efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Higienistas Buco-Dentales de Galicia, HIDES, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán ser membros da Asociación de Higienistas Buco-Dentales de Galicia os/as hixienistas dentais legalmente recoñecidos pola Lei 10/1986 e os seus regulamentos de desenvolvemento. Así mesmo poderán pertencer á devandita asociación aqueles hixienistas dentais que se acollan ás probas especiais que convocará o Ministerio de Educación ou a correspondente comunidad autónoma, para a obtención do título.
Asinan a acta de constitución: Jesús Suárez Rial e Josefa Vázquez García.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 1996.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais
3433