En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Xestión de Explotacións Agrarias, Pycflorga-Asociación, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas titulares dunha explotación ou que traballen como axuda familiar en explotacións agrarias, así como aqueles agricultores que teñan esta actividade como complementaria con outras.
Asinan a acta de constitución: Juan José Alonso Otero, Román Alonso Otero e Fernando Otero Vilariño.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 1996.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais
9603210