Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1996 pola que se anuncia concurso público por trámite de urxencia para a contratación do servicio de limpeza para a sede central deste ente público en Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia, Xunta de Galicia. Praza de Europa nº 5-A, 6º e 7º, Área Central, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza para a sede central do Ente Público Portos de Galicia en Santiago de Compostela.

b) Lugar de execución: sede central do ente en Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: un ano prorrogable por dous máis.

3. Modalidade de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procecemento: aberto.

Forma:concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación:

1.600.000 ptas. (IVE engadido), por ano.

5. Fianzas:

a) Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, 32.000 ptas.

b) Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación, 64.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

Domicilio: Praza de Europa, nº 5-A, 6º e 7º, Área Central, Polígono das Fontiñas.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela. CP 15703.

Teléfono: (981) 54 45 02.

Telefax: (981) 54 53 57.

Data límite de obtención de documentos e información: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou en sábado o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a exixida no prego de cláusulas particulares.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

d) Prazo durante o que o licitador terá a obriga de mante-la súa oferta: durante 45 días contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: unha soa proposición con diversas variantes.

9. Apertura das ofertas:

Na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 do presente anuncio.

A mesa de contratación reunirase as 12 horas do décimo día natural, contado desde o seguinte ó fin do prazo de admisión de proposicións expresado neste anuncio. De coincidir en día inhábil ou en sábado o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

3166