Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución da zona de Taboada-Vilar (Silleda-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Taboada-Vilar (Silleda-Pontevedra) que, co obxecto de que tomen posesión provisional delas, se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, e fíxase como data límite, para a dita toma de posesión o 30 de maio de 1996, a falta de acordo do propietario delas e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 31 de maio de 1996, os interesados poderán recla

mar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

De acordo co artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga a aqueles que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, na falta de acordo co adxudicatario.

Pontevedra, 16 de abril de 1996.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

3268