Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 12 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de información pública, sobre levantamento de actas previas.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 117/1996 (Diario Oficial de Galicia nº 60, do 25-3-1996) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo do 14-12-1994, faise saber a tódolos afectados pola execución dos proxectos que a seguir se indican L.M.T. ó C.T. Rebordelo-Vilapedre, concello de Vilalba, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 14-12-1994 e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta

delegación provincial, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14.

Advírtese ós interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente, e sinálaselles días e hora para o levantamento das actas que poderán formular alegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levantalas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 12 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3269