Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 18 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación que se cita. (Expediente número 5888).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Canteras Vilanova, S.L., con enderezo en parcela 108, polígono Ceao, 27298 Lugo, presentou nesta delegación provincial o día 24 de outubro de 1994, instancia-solicitude do permiso de investigación Lestedo de 90 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Monterroso e Palas de Rei da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5888 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 1-7º 50' 00''42º 55' 40''

Vértice 2-7º 47' 00''42º 55' 40''

Vértice 3-7º 47' 00''42º 52' 20''

Vértice 4-7º 50' 00''42º 52' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sin prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer en forma no expediente dentro do plazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de 26 de novembro de 1992.

Lugo, 18 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9603212