Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 15 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación que se cita. (Expediente número 5887).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Canteras Vilanova, S.L., con enderezo en parcela 108, polí

gono Ceao, 27298 Lugo, presentou nesta delegación provincial o día 24 de outubro de 1995, instancia-solicitude do permiso de investigación Cantvil de 96 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Friol, Guntín e Lugo, da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5887 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 1-7º 44' 20''43º 00' 00''

Vértice 2-7º 40' 20''43º 00' 00''

Vértice 3-7º 40' 20''42º 57' 20''

Vértice 4-7º 44' 20''42º 57' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sin prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer en forma no expediente dentro do plazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de 26 de novembro de 1992.

Lugo, 15 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3255