Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/64-2. Libro de rexistro: 4.534 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Solicitante: Confederacion Hidrográfica del Norte (Obras públicas).

Enderezo social: Ronda Muralla, 27004 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en caseta de control no río Cabe.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm AL, cunha lonxitude de 80 metros sobre postes de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-50, cunha lonxitude de 540 metros, para dar servicio eléctrico á caseta de control no río Cabe, en Monforte de Lemos.

Orzamento: 3.173.138 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 12 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3254