Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.284

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/13-2. Libro de rexistro: 4.486 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Ribeiriña.

Situación: Carballedo.

Descripcións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 346 metros, sobre postes de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 100 kVA 20.000/380-220 V, sobre poste de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha lonxitude de 50 metros, para mellora do servicio eléctrico en Ribeiriña, no concello de Carballedo.

Orzamento: 3.833.991 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 14 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3115