Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T.S. tres luces-C.U. 6, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. Troncal-Choróns entre os CC.TT. Gran Vía-Brasil-Hernán Cortés rematando na mesma liña á altura do cruzamento das rúas Paraguai e Cuba, concello de Vigo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 140 m de lonxitude, con conductor tipo RHV.
Orzamento: 2.022.055 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 14 de marzo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
3178