Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Fonteabuín.
Situación: Sarria.
Descripcións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm AL, cunha lonxitude de 1.028 metros, sobre postes de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre poste de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha lonxitude de 10 metros, para mellora do servicio eléctrico en Fonteabuín, no concello de Sarria.
Orzamento: 4.480.000 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.
Lugo, 14 de marzo de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
96-3179