Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.279

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (111/1996).

Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 111/1996 promovido por Banco de Galicia, S.A. contra Mª Jesús Cutrín Alfonsín nos que por por resolución desta data se acordou sacar á venda en poxa pública o inmoble que ó final se describe, do que o remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado na forma seguinte:

En primeira poxa o día 11 de xuño vindeiro ás 11 horas da mañá, servindo de tipo o pactado na escritura de hipoteca, ascendente á suma de 5.175.000 pesetas.

En segunda poxa, en caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o día 10 de xullo vindeiro ás 11 horas da mañá, coa rebaixa do 25 por cento do tipo da primeira.

E en terceira poxa se non se rematasen en ningunha das anteriores o día 12 de setembro vindeiro ás 11 horas da mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa, en primeira nin en segunda, podéndose face-lo remate en calidade dellelo ceder a terceiros.

2. Os que desexen tomar parte na poxa, con excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións do xulgado número de conta 1592-18-111-96 o vinte por cento

do tipo expresado; sen este requisito non serán admitidos a licitación.

3. Os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto en secretaría, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto de poxa:

Predio sito no lugar de Quintáns, parroquia de San Xulián de Sales, concello de Vedra, Coseira, campo de froiteiras de cincuenta e oito cuartillos e un tercio de extensión ou quince áreas e cincuenta e catro centiáreas. Linda: norte, unha cárcava e en parte, predio de Adelina Alfonsín Piñeiro chamada Tras de Aldar, e noutra parte do camiño de carro de servicio de predios; sur, en plano máis baixo, presa de auga e despois estrada de Santa Lucía a Vedra; leste, a dita presa de auga en plano máis baixo e oeste, camiño de carro que sobe ó lugar de Quintáns. Inscrito no tomo 1.087, libro 103, folio 158, predio nº 9803, do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela.

Dado en Santiago de Compostela o dez de abril de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9602808