Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.278

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (6/1996-V).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela,

FAi saber, que neste xulgado e co nº 6/1996-V se tramitan autos de xuízo de faltas por lesións en agresión e neses autos acordouse citar a Guillermo Aceituno Ortega para que compareza na sala de audiencias nº 4 deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza-polígono das Fontiñas (Santiago de Compostela) o vindeiro día vinteún de xuño ás dez horas, co fin de asistir como denunciante-denunciado á celebración do xuízo, debendo comparecer provisto do seu DNI e, se fose parte, cos medios de proba dos que intente valerse, baixo apercibimento de que, se non o fixese, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación en forma ó expresado demandado e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o oito de abril de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9602879