Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.278

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (394/1995).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela,

Dou fe: que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 394/1995, dictouse a sentencia que ten como encabezado e parte dispositiva o seguinte:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, o 29 de marzo de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co nº 394/1995, no que actuaron como demandante Banco de Galicia, S.A., representado pola procuradora Mª Rita Goimil Martínez e asistido polo letrado Ramón Sabín Sabín, e como demandados Comercial Esal S.L., Manuel Ángel Álvarez Rodríguez, Hortensia González Pereiro, Jesús González Espasandín e Lourdes Iglesias Otero, declarados rebeldes nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer trance e remate dos bens embargados e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade actora da cantidade de 8.562.609 ptas. de principal e xuros, xuros moratorios pactados, máis as custas que se impoñen expresamente e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 4.000.000 de ptas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde ESAL S.L., Manuel Ángel Álvarez Rodríguez e Hortensia González Pereiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o 8 de abril de 1996.

A secretaria

Rubricado

2957