Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.279

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (153/1996).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítanse, co número 153/1996, autos de separación matrimonial, a pedimento de Elena Vázquez González, representada polo procurador Merelles Pérez, contra Alejandro Pablo García Fuster, maior de idade, en descoñecido paradoiro para a demandante, nos que se acordou empraza-lo demandado co fin de que, dentro do termo de vinte días, compareza nos expresados autos por medio de avogado e procurador e conteste a demanda, baixo apercibimento de que, de non facelo, será declarado en rebeldía e se terá por precluído o trámite de contestación.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de emprazamento ó demandado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de abril de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9602807