Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.267

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Personal de limpieza del Hospital Comarcal de Monforte de Lemos y la empresa Eulen, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Personal de limpieza del Hospital Comarcal de Monforte de Lemos y la empresa Eulen, S.A. (código 2700720), da provincia de Lugo, asinado o día 31 de outubro de 1995, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 22 de novembro de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo do persoal de limpeza do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos e a empresa Eulen, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

As estipulacións deste convenio seranlle de aplicación ó persoal de limpeza adscrito á empresa concesionaria do servicio, no centro de traballo do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha duración de tres anos, desde o 1de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1998. As partes que asinan comprométense a inicia-la negociación dun novo convenio dentro do último trimestre de vixencia do presente, coa antelación suficiente de cara á elaboración dos orzamentos económicos do seguinte exercicio.

Mentres non se negocie e acorde un novo convenio, seguirán vixentes tódalas cláusulas normativas.

Artigo 3º.-Xornada, descansos e quendas.

A xornada será continuada en quendas de mañá, tarde e noite, con trinta minutos de descanso en cada un deles, contados como xornada efectiva para tódolos efectos. A xornada establécese nun máximo de 40 horas semanais. O horario de traballo será establecido de común acordo entre a empresa e os/as representantes dos/as traballadores/as.

Ademais dos días legalmente establecidos, os/as traballadores/as desfrutarán:

a) En concepto de días de libre isposición, 5 días ó ano durante 1996, 7 días en 1997 e 9 días en 1998.

b) En concepto de sábados verdes, un día de cada catro semanas desde o 1-1-1996; os sábados alternos durante o ano 1997 e dous de cada tres sábados a partir de 1998.

O calendario necesario de descanso por estes conceptos deberá ser acordado entre a empresa e os representantes dos traballadores.

Artigo 4º.-Permisos e licencias.

Os/as traballadores/as terán dereito a permiso retribuído, coa pertinente xustificación, nos seguintes casos:

a) Quince días natuais por matrimonio.

b) Catro días por nacemento do fillo ou por enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, pais, fillos ou irmáns de calquera dos cónxuxes. Se existe desprazamento fóra da provincia, o permiso será de seis días.

c) Tres días por falecemento ou enfermidade grave de avós e netos do traballador/a ou do seu cónxuxe. Tres días, nas mesmas condicións, no caso de tíos, sobriños e primos, sempre que exista convivenciaa; en caso contrario, o permiso sería dun día.

d) Durante tres días por traslado de domicilio habitual.

e) Polo tempo establecido para desfrutar dos dereitos educativos xerais e de formación profesional, nos supostos e forma regulados pola lei.

f) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable, de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal sindical ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

g) A muller traballadora terá dereito a un período de descanso laboral de dezaseis semanas ininterrompidas por maternidade, ampliables, por parto múltiple, a dezaoito semanas. Este período distribuirase a opción da interesada, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto; o pai poderá facer uso destas para o coidado do fillo en caso de falecemento da nai. Se o pai e a nai traballan, a nai pode optar porque o pai desfrute de ata catro das últimas semanas de suspensión, sempre que iso non supoña risco para a saúde da nai. En caso de

adopción e segundo que o fillo adoptado sexa menor de nove meses, ou menor de cinco anos e maior de nove meses, a suspensión terá unha duración de oito semanas ou seis semanas, respectivamente.

Igualmente o traballador/a terá dereito a un período de excedencia non superior a tres anos por cada fillo nacido, vivo ou adoptado, contado desde a data do parto. Os sucesivos partos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se viñese desfrutando. O traballador/a que se encontre en situación de excedencia por maternidade terá dereito á reserva do seu posto de traballo durante o primeiro ano a partir do inicio de cada situación de excedencia; no resto do tempo ata o remate do período de excedencia poderá solicita-lo seu reingreso na empresa, que deberá destinalo á primeira vacante que se produza de igual ou similar categoría.

h) As traballadoras terán dereito, por lactación dun fillo menor de nove meses, a unha hora de ausencia do traballo, que poden fraccionar en dúas metades ou reduci-la xornada normal nunha media hora. Tamén poderá optarse porque sexa o pai o que desfrute da dita reducción de xornada, no caso de traballaren os dous.

i) O traballador/a que teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñen outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración da xornada.

k) Logo de aviso (dispensando en casos urxentes) e xustificación, quedan incluídos neste apartado os permisos retribuídos que se conceden polo tempo necesario para a asistencia a consulta médica da Seguridade Social, tanto en atención primaria como de especializada.

l) Igualmente, un membro de cada unha das partes que integran a comisión paritaria estudiará a concesión, caso por caso, de permisos temporais non retribuídos de ata un mes de duración.

Artigo 5º.-Excedencias.

Todo/a traballador/a fixo/a cunha antigüidaade de, polo menos, un ano na empresa, terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a seis meses e non superior a cinco anos.

O traballador/a excedente terá dereito a reserva do seu posto de traballo durante un período máximo de dous anos. A reincorporación á empresa terá que ser solicitada cun aviso de tres meses.

Excepcionalmente, cando a solicitude de excedencia sexa por un tempo máximo de dous anos, o traballador/a terá dereito a reintegrarse na empresa durante o prazo dos seis primeiros meses da dita excedencia, e disporá o empresario do mesmo prazo de seis meses para a súa incorporación, e deberá o traballador/a efectua-lo aviso cun mes de ante

lación. Pasados os tres primeiros meses de excedencia sen que o traballador/a fixese uso do seu dereito, xa non poderá volver á empresa ata esgota-lo período total de excedencia voluntaria.

Artigo 6º.-Equiparación retributiva.

As retribucións do persoal de limpeza afectado por este convenio serán as mesmas que perciba o persoal do Sergas encadrado na categoría de pinche de cociña, e conseguirase a equiparación con data 1-1-1996. Aplicaranse de forma automática os aumentos e melloras que sexan concedidos para o dito persoal e desde a mesma data da súa concesión ou dos seus efectos. As retribucións seranlles devengadas ó persoal polos mesmos conceptos e nas mesmas contías que ó persoal do Sergas, desde o día 1 de xaneiro de 1996, agás o plus de distancia, que se manterá coa súa actual nomenclatura durante o ano 1996, tendo unha contía equivalente ó de productividade fixa, non cotizable á Seguridade Social, e pasará a ter definitivamente esta última denominación a partir do 1-1-1997, sendo a base de cotización á Seguridade Social do 100% das retribucións a partir da última data mencionada.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Durante 1996, primeiro ano de vixencia do convenio colectivo, o persoal devengará trienios ó 4% do salario base. Desde o 1-1-1997, os novos trienios que devengue o persoal serán polo valor equivalente ó grupo E do persoal do Sergas. As cantidades resultantes do devengo dos trienios a partir da data sinalada serán agregadas ás que perciba polos ditos conceptos cada traballador/a nesta data, segundo o criterio de devengo de antigüidade que existía con anterioridade á sinatura do presente convenio.

Artigo 8º.-Nocturnidade.

O persoal que preste servicios en xornada nocturna percibirá un complemento salarial que se establece nas seguintes contías:

Con efectos do día 1 de xaneiro de 1996, un plus do 30% do salario base. A partir do 1 de xaneiro de 1997, o 35% do salario base. Desde o 1 de xaneiro de 1998, o equivalente ó complemento de atención continuada, modalidad A, que perciba o persoal do Sergas encadrado no grupo E.

Artigo 9º.-Festividade.

Desde o día 1 de xaneiro de 1996, cada domingo ou festivo traballado será retribuído nas mesmas condicións que teña establecidas o Sergas para o persoal do grupo E: atención continuada, modalidade B.

A necesaria rotación no persoal que realice o traballo en domingos e festivos (calendario de gardas) debe establecerse de común acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores, como forma de garanti-la equidade. O descanso correspondente ó traballo desenvolvido en día festivo levarase a efecto dentro das dúas semanas seguintes inmediatas á realización da garda.

Artigo 10º.-Incapacidade laboral transitoria ou enfermidade profesional.

En caso de baixa por accidente de traballo, a empresa aboaralle ó traballador/a a diferencia entre o percibido da Seguridade Social e as retribucións totais aquí pactadas, con efectos desde o día 1 de xaneiro de 1996. Igualmente, desde a mesma data, no caso de baixa por enfermidade ou accidente non laboral con hospitalización, a empresa completará o 100% das retribucións mentres dure a hospitalización. A baixa por maternidade dará lugar, de igual forma, ó dereito a percibi-lo 100% das retribucións pactadas en todo o seu período de duración.

En caso de enfermidade común que non requira hospitalización, a empresa completará, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1996, ata o 80% das retribucións aquí pactadas, desde o día 1 ata o día 15 da baixa; do día 16 ata o día 90, esta porcentaxe alcanzará o 90% das retribucións do traballador ou da traballadora. Con efectos a partir do día 1 de xaneiro de 1997, o traballador/a que se atope en situación de baixa por enfermidade común, sen hospitalización percibirá durante os quince primeiros días o 90% das retribucións, desde o día 16 ó día 120 o 100% das retribucións, e desde o 1-1-1998, igual ca no Xeral de Lugo, en caso de haber melloras.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Considéranse como tales as que excedan da xornada laboral establecida no presente convenio, quedando reducida a súa realización a causas de forza maior ou de carácter estructural. O seu aboamento realizarase co incremento do 75% sobre o valor da hora ordinaria ou se compensará en descansos, a opción do traballador/a.

Artigo 12º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio terá dereito ó desfrute ininterrompido dun mes de vacacións retribuídas, no período abranguido entre o día 1 de xullo e o 30 de setembro, sen que isto signifique que non se poidan te-las vacacións fóra deste período, sempre que exista acordo previo entre a empresa e o/a traballador/a que o solicite.

A empresa, de común acordo cos representantes dos traballadores, elaborará cada ano as quendas correspondentes, seguindo unha orde rotatoria de preferencia, e coa suficiente antelación ( mínimo tres meses).

As vacacións non poderán ser substituídas por compensacións económicas e o seu aboamento será igual ou equivalente a un mes de salario real.

Artigo 13º.-Embarazo.

As mulleres embarazadas terán dereito a seren cambiadas de posto de traballo a outro máis acorde co seu estado, e non estarán obrigadas, en ningún caso, a desempeña-las súas funcións en lugares radiactivos, infecciosos ou perigosos para o seu embarazo. Esta situación dará lugar a unha suspensión do contrato de traballo, cunha duración máxima de dezaseis semanas, remitíndonos ó Decreto lei do

3 de marzo de 1989. Durante o período citado, a traballadora terá dereito ó aboamento das prestacións económicas correspondentes, por conta da Seguridade Social e complementadas ata o 100% do salario.

Artigo 14º.-Xubilación.

Os/as traballadores/as que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse á modalidade de xubilación determinada polo Real decreto lei 14/1981, do 20 de agosto e Real decreto 1194/1985; para tal efecto as empresas son obrigadas a contratar no lugar do xubilado/a outro traballador/a que sexa titular de dereito a calquera das prestacións económicas de desemprego ou xove demandante de primeiro emprego, tal e como dispoñen as normas citadas.

Establécese un premio de xubilación anticipada para aqueles traballadores/as que acrediten un mínimo de antigüidade na empresa de dez anos e que voluntariamente así o soliciten, de acordo coas seguintes características:

-Os 60 anos, 5 mensualidades de salario real.

-Os 61 anos, 4 mensualidades de salario real.

-Os 62 anos, 3 mensualidades de salario real.

-Os 63 anos, 2 mensualidades de salario real.

-Os 64 anos, 1 mensualidade de salario real.

Artigo 15º.-Subrogación do persoal.

O remata-la contrata de limpeza, os traballadores/as da empresa contratista saínte pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, quen se subrogará en tódolos dereitos e obrigas da anterior adxudicataria con respecto a tódolos traballadores, calquera que sexa a situación na que se atopen e a modalidade do seu contrato de traballo, coa única excepción daqueles que fosen incorporados nos últimos catro meses, se a dita incorporación non se debe á ampliación da contrata ou a unha esixencia expresa do cliente.

Nun prazo de tres días hábiles, a empresa saínte deberá facilitarlle á entrante a seguinte documentación:

-Certificado do organismo competente de estar ó corrente no pagamento da Seguridade Social.

-Fotocopia das últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.

-Fotocopia dos TC-1 e TC-2 de cotizacións á Seguridade Social dos últimos cinco meses.

-Relación de persoal na que se especifique: nome, apelidos, enderezo, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data de desfrute das vacacións.

O empresario saínte estará igualmente obrigado a liquidarlle ó entrante as partes proporcionais dos conceptos retributivos dos traballadores e traballadoras, co obxecto de que estes poidan desfrutar com

pletas as súas vacacións e cobrar integramente as pagas corresondentes.

O contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores só se extingue no momento no que se produza a subrogación deste por parte da nova adxudicataria.

A aplicación deste artigo seralles de obrigado cumprimento ás partes ás que vincula: empresa cesante, nova adxudicataria e traballador/a. Sen que desapareza o seu carácter vinculante por efecto de que a empresa adxudicataria do servicio suspenda este por un período inferior a dous meses.

Artigo 16º.-Roupa de traballo.

Proveranse os/as traballadores/as de roupa de traballo axeitada e regulamentaria: fundas e batas unha vez ó ano, o mesmo que zocos ou zapatillas, criterio que se establecerá de mutuo acordo entre as partes, en función das preferencias do persoal ou da idoneidade dun tipo ou outro de calzado. A roupa que leve gravado o anagrama da empresa deberá ser devolta no momento no que se entregue a nova.

Artigo 17º.-Seguro de vida.

Con efectos desde a entrada en vigor deste convenio, a empresa subscribirá unha póliza de seguro colectivo en favor de todos e cada un dos traballadores/as, que cubrirá as continxencias de morte, incapacidade total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral, incluído o accidente in itinere. O capital subscrito será de:

-Morte ou invalidez total: 1.500.000 ptas.

-Invalidez absoluta ou gran invalidez: 2.000.000 ptas.

A revalorización destas contías queda ligada á revisión que sufran as cantidades pactadas no convenio colectivo provincial de limpeza de edificios.

Artigo 18º.-Recoñecemento médico.

Todo o persoal comprendido no presente convenio terá o dereito e a obriga de efectuar unha revisión médica por conta da empresa, cunha periodicidade mínima anual.

Artigo 19º.-Acción sindical.

Os traballadores/as poderán reunirse en asemblea nos locais da empresa fóra de horas de traballo, a petición dos seus representantes.

A empresa permitirá en toda a súa amplitude as tarefas de información, afiliación e propaganda sindical, con tal de que estas sexan legais e non alteren o proceso de traballo en circunstancias normais.

Os delegados/as de persoal terán os dereitos recoñecidos no Real decreto lei 3149/1977, do 6 de decembro. Disporán de espacios visibles e de dimensións suficientes que lles ofrezan posibilidades correctas de comunicación fácil ós traballadores (taboleiro de anuncios).

Os delegados/as de persoal gozarán de inmunidade representativa durante o seu mandato e no ano

seguinte a que este finalice, sempre que a sanción se basee na acción do traballador/a na súa función representativa.

A empresa descontarálle-la cota sindical ós traballadores/as afiliados/as ós sindicatos, logo da correspondente autorización escrita destes, e ingresarán o seu importe na conta que oportunamente se determine.

Os delegados/as de persoal estarán obrigados/as a colaborar coa empresa en canto poida redundar na boa marcha desta, especialmente no que se refire ó estricto cumprimento das obrigas de tódolos traballadores/as.

Disposicións finais

Primeira.-Comisión mixta paritaria.

As partes que asinan este convenio constituirán unha comisión paritaria coas funcións de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia de canto se estipula no presente convenio, composta por un representante da empresa e un en representación do sindicato que asina o presente convenio. As partes poderán levar ás reunións asesores con voz e sen voto. As discrepancias que se presenten serán sometidas á xurisdicción laboral.

Segunda.-Normas subsisdiarias.

Para o non previsto no presente convenio, haberá que aterse ó que dispón o convenio provincial de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo, Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes.

Terceira.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que, a título persoal, puidese ostentar calquera persoa afectada polo convenio.

2401