Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto polo artigo 8 da Lei 7/1995, de delegación de competencias en materia de urbanismo, publícase o seguinte anuncio:

O Pleno do Concello, en sesión do 29 de marzo de 1996, acordou aprobar definitivamente, en exercicio da delegación conferida pola Lei 7/1995, a modificación puntual das determinacións do plan xeral relativas ó SUNP-6, de San Lázaro, coa única variación, respecto ó inicialmente aprobado, derivada da supresión da reserva de terreos no SUNP-6 para a reinstalación do Pavillón de Galicia.

Así, o artigo 139.6º do plan xeral de ordenación urbana, no que se regulan as condicións particulares do SUNP-6, queda redactado como segue:

«A área SUNP-6 resulta encadrada nun tipo especial, distinto dos previstos no artigo anterior, no que, coa edificabilidade máxima de 0,45 m2c/m2s, se autorizan os usos residencial, terciario e dotacional nas seguintes proporcións:

* HoteleiroNon menos de 15.000 m2c.

* Comercialnon maior de 10.000 m2c.

* Sanitario-asistencialnon menor de 5.000 m2c.

* Residencialnon maior de 34.000 m2c.

* Outros (terciarios)resto do aproveitamento.

O uso residencial admite a dobre tipoloxía de vivenda colectiva e unifamiliar, tendo que dispoñerse, esta última, en contacto co núcleo de San Lázaro.

Nas grandes superficies comerciais, non se permitirá unha ocupación maior de 5.000 m2c.

No desenvolvemento da área haberá que prestarlle especial atención á presencia no seu interior da traza histórica do Camiño de Santiago, así como á mellora da accesibilidade ás áreas dotacionais públicas propostas no seu contorno».

Contra o citado acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1996.

O alcalde

Rubricado

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

9602699