Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.200

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL ECONÓMICO-ADMINISTRATIVO REXIONAL DE MADRID

ANUNCIO de reclamación.

Relación de expedientes ós reclamantes dos cales se lles notifican, de conformidade co disposto nos artigos 87.4º e 90 do Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas, as resolucións desestimatorias acordadas por este tribunal en única instancia, contra as que se poderá interpor recurso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, dentro do prazo de dous meses, contado desde o día seguinte á súa notificación, conforme o disposto no artigo 129 do regulamento citado, sen prexuízo de exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Sen prexuízo do anterior, se do presente acordo resultase unha cantidade para ingresar por non estar anulada nin modificada a liquidación se é o caso impugnada, terase en conta o disposto no artigo 20.8º do Regulamento xeral de recadación, debéndose paga-la débeda nos prazos seguintes, segundo a data en que esta resolución se notificase:

-Se o foi entre os días 1 e 15 do mes, ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

-Se o foi entre os días 16 e último de cada mes, ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Nº reclamación: 23742/94.

Reclamante: Hermida Noval, Germán.

Concepto: actos Proced. recadatorio.

Madrid, 20 de marzo de 1996.

Elsa de la Nuez Sánchez-Cascado

Avogada do Estado-secretaria