Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/27-2. Libro de rexistro: 4.500 A.T.).

Os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4, 1º, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. para nave industrial de Belisario Arias Suárez.

Situación: Cervo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 cunha lonxitude de 62 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación en torre metálica de 50 kVA 20.000±2,5%±5%, 380-230 V, para subministración de enerxía eléctrica a nave industrial de Belisario Arias Suárez, (Construccións Metálicas Bidueiro), no concello de Cervo.

Orzamento: 1.286.490 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2767