Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/28-2. Libro de rexistro: 4.497 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4, 1º, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. en edificio José Losada Fraga, praza do Mercado, 15, 16.

Situación: Rábade.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable UNE D.H.V. 15/25 kV, de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 420 metros. Centro de transformación de 1x400 kVA, 20.000 ± 2,5%/398-230 V, para subministración eléctrica edificio de José Losada Fraga, en praza do Mercado, 15, 16, Rábade.

Orzamento: 10.044.255 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2982