Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 03 de maio de 1996 Páx. 4.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1996 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación da obra de construcción de 10 vivendas en Muras, Lugo.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a contratación, polo sistesma de concurso aberto, da seguinte obra:

Obxecto: construcción de 10 vivendas en Muras, Lugo.

Orzamento: 87.989.753 ptas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 18 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 3.519.590 ptas.

Clasificación esixida: C-2, C-4.

Categoría do contrato: c.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que han de rexe-la contratación, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións no Instituto Galego da Vivenda e Solo, na Área Central, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, desde as 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación reunirase en sesión pública ás 10 horas do décimo día natural, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas do Instituto Galego da Vivenda e Solo. De coincidir en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte.

Documentos que deben aporta-los licitadores: serán os indicados na cláusula 3ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

3290