Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 03 de maio de 1996 Páx. 4.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a licitación para a contratación de subministración, polo sistema de procedemento aberto por concurso.

Obxecto: subministración de maquinaria para aumento da producción na planta frigorífica de Malpica de Bergantiños.

Prazo de execución: dous meses desde a sinatura do contrato.

Orzamento: corenta e dous millóns duascentas doce mil novecentas oitenta e dúas pesetas (42.212.982 ptas.).

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa do Sar, 75, Santiago de Compostela), ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Fianza provisional: oitocentas corenta e catro mil duascentas cincuenta e nove pesetas (844.259 ptas.).

Modelo de proposición económica: axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do RXCE. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 3 de xuño de 1996.

Apertura de proposicións: en acto público ás 10 horas do primeiro día hábil no que se cumpran 3 días naturais, contados desde a data seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. Se esta coincidise en sábado, a apertura será ó día seguinte hábil.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1996.

Samuel Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

3037