Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 02 de maio de 1996 Páx. 4.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996 pola que se anuncia concurso para a adquisición de uniformes de inverno para o persoal de servicios internos.

Obxecto: uniformes de inverno con destino ó persoal de servicios internos (Ref. 96/33).

Tipo de licitación: 7.500.000 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 150.000 pesetas; definitiva, 4% do orzamento de contrato.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado do anuncio de concurso para adquisición de uniformes de inverno para o persoal de servicios internos, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co reguardo que achego.

Data e sinatura do/a propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderanse examinar e retirar copia no Negociado de Subministracións e Compras, 2ª planta do Pazo Municipal, Praza de Mª Pita, 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 11 de abril de 1996.

O alcalde

Rubricado

9603221