Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 02 de maio de 1996 Páx. 4.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1996 pola que se anuncia concurso para a adquisición de material para o mantemento e conservación da iluminación pública da cidade.

Obxecto: material para o mantemento e conservación da iluminación pública da cidade (Ref. S96/39).

Tipo de licitación: 12.000.000 de pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 240.000 pesetas; definitiva, 4% do orzamento de contrato.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado do anuncio de concurso para a subministración de material para o mantemento e conservación da iluminación pública da cidade, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resguardo que achego.

Data e sinatura do/a propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderanse examinar e retirar copia no Negociado de Subministracións e Compras, 2ª planta do Pazo Municipal, Praza de Mª Pita, 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 3 de abril de 1996.

O alcalde

Rubricado

9603220