Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 02 de maio de 1996 Páx. 4.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de acceso ó Colexio Alborada e ó Instituto de Elviña.

1. Entidade adxudicadora: concello da Coruña.

a) Depedencia que tramita o expediente: unidade de obras e concesións.

b) Número de expediente: 096/11.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de acceso ó Colexio Alborada e ó Instituto de Elviña.

Plazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento, aberto, forma de adxudicación, concurso.

4. Orzamento base de licitación: 55.813.265 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 316.265 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límte de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: no se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte o da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se debe presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnicas:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos aversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para contratación das obras comprendidas no proxecto de acceso ó Colexio Alborada e Instituto de Elviña».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 26 de marzo de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

9603219