Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 02 de maio de 1996 Páx. 4.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia concurso público por procedemento aberto, para a contratación do servicio de protección e vixilancia (C.P. 2/1996).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: contratación do servicio de protección e vixilancia dos locais onde se ubican o centro de

saúde, ambulatorio e servicio de urxencias de Vilagarcía de Arousa.

2. Orzamento: 9.000.000 de ptas. anuais (IVE incluído).

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1996.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

6. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse mediante algún dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Solvencia técnica: deberá acreditarse mediante as titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular do persoal responsable da execución do contrato, que en todo caso deberán contar coa titulación e diplomas establecidos na orde do Ministerio de Xusticia e Interior de 7-7-1995.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

9. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria rúa México, 26, 1ª planta, 36204 Vigo, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

10. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26, 4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

11. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria (Vigo) as 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán aporta-los licitadores: a sinalada no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 9 de abril de 1996.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo

3222