Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 02 de maio de 1996 Páx. 4.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dunha subministración para a fabricación e distribución de talonarios de receitas oficiais para a prestación farmacéutica do Servicio Galego de Saúde.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega da subministración: ver prego de prescricións técnicas.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse: fabricación e distribución de talonarios de receitas oficiais para a prestación farmacéutica do Sergas, nas cantidades sinaladas no prego de prescricións técnicas.

-Orzamento total: setenta e dous millóns de pesetas.(72.000.000 de ptas.), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: pola totalidade da subministración.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de cláusulas administrativas, punto 2.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Subdirección Xeral de Planificación e Aseguramento( Secretaría Xeral); edificio administrativo San Lázaro; teléfono 54 54 00, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 31 de maio de 1996.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 7 de xuño de 1996.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Subdirección Xeral de Planificación e Aseguramento (Secretaría Xeral). Edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Lázaro a partir das 10 horas do 18 de xuño de 1996.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional 2% do orzamento de licitación : 1.440.000 ptas. Ver apartado 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e de pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que debera reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 11.

14. Outras informacións: na dirección e servicio indicados no punto 5.

15. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacions Oficiais das Comunidades Europeas: 18 de abril de 1996.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

2977