Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 02 de maio de 1996 Páx. 4.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1996, da Dirección Xerencia do Centro Hospitalario A. Marcide-P. Novoa Santos, pola que se anuncia o concurso público para a adquisición de marcapasos e accesorios.

A Dirección Xerencia do C.H. A. Marcide-P. Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG 191, do 3 de outubro), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a adquisición de marcapasos e accesorios.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario A. Marcide-P.

Novoa Santos-Estrada San Pedro a Catabois, s/n en Ferrol. Teléfono (981) 33 40 32. Fax (981) 33 40 84.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar da entrega da subministración: Hospital Arquitecto Marcide, dependencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de Administración, estrada San Pedro a Catabois, s/n. Ferrol.

b) Naturezas e cantidade dos productos que se deban subministrar: 60 marcapasos, 106 electrodos, 100 introductores.

Orzamento total: 34.261.545. (trinta e catro millóns duascentas sesenta e unha mil cincocentas corenta e cinco ptas.) IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto da subministración requirida: un ou varios lotes da subministración.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ve-lo anexo I dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto nº 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 14 de maio de 1996.

6. a) Data límite da recepción das ofertas: 21 de maio de 1996.

b) Enderezo ó que se deben dirixir: ve-lo punto nº 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público, o día 3 de xuño, ás 9.30 h.

8. Fianzas e garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación ou de cada lote; definitiva do 4% do orzamento máximo de licitación ou de cada lote.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: por cada remesa do material e sucesivas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupacion de provedores.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la sua oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

Características funcionais, relación calidad/precio/coste (35%).

Fiabilidade e seguridade no uso (35%).

Prazo de entrega (30%).

14. Outras informacións: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das comunidades europeas: 15 de abril 1996.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais correrá pola conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

17. Anuncio previo: publicado no BOE nº 22 do 25 de xaneiro de 1996; DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 1996 e remitido ó DOCE ó 23-1-1996.

Ferrol, 8 de marzo de 1996.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario A. Marcide-P. Novoa Santos

2978