Obxecto: servicio de limpeza do Quiosco Alfonso e Estación Marítima (Ref. L96/4).
Tipo de licitación: 2.172.000 pesetas (IVE incluído).
Garantías: provisional, 43.440 pesetas; definitiva, 4% do orzamento de contrato.
Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:
«Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado do anuncio de concurso para a contratación do servicio de limpeza do Quiosco Alfonso e Estación Marítima, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...
En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co reguardo que achego.
Data e sinatura do/a propoñente».
Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
Prego de condicións: poderanse examinar e retirar copia no Negociado de Subministracións e Compras, 2ª planta do Pazo Municipal, Praza de Mª Pita, 1, 15001 A Coruña.
A Coruña, 11 de abril de 1996.
O alcalde
Rubricado
3240