Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 02 de maio de 1996 Páx. 4.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/24-2. Libro de rexistro: 4.496 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a autorización de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Rodas.

Situación: A Fonsagrada.

Descripcións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha lonxitude de 312 metros, sobre postes de formigón e torres metálicas. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre unha torre metálica. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, sobre postes de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Rodas, no concello da Fonsagrada.

Orzamento: 7.470.456 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se condieren afectadas poderán presenta-la súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2762