Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 02 de maio de 1996 Páx. 4.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/25-2. Libro de rexistro: 4.498 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4, 1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Arante.

Situación: Ribadeo.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha lonxitude de 1.095 metros, sobre postes de formigón ou torres metálicas. Tres centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, cada un, sobre apoios metálicos. En Barral, Ceide e Fondo de Vila. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, cunha lonxitude de 2.950 metros, sobre postes de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Arante, concello de Ribadeo.

Orzamento: 23.762.954 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2925