Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 02 de maio de 1996 Páx. 4.016

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Natación.

Visto o estatuto da Federación Galega de Natación e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 18-11-1995.

Visto o informe da sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995, de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados, de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Gallega de Natación

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º

A Federación Gallega de Natación, no sucesivo Fegan, é a única entidade que organiza e dirixe o deporte da natación dentro do territorio de Galicia, e constitúese como unión dos deportistas, das asociacions, clubs e agrupacións que practican ou interveñen nesta modalidade deportiva.

A Federación Gallega de Natación é una entidade asociativa privada, de utilidade pública e sen ánimo de lucro. Ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins e rexerase polo disposto no Decreto nº 228/1994, do 14 de xullo do DOG da Xunta de Galicia, a orde que o desenvolve do 28 de xullo de 1995, e polos presentes estatutos e demais normas de orde interna, que, respectando as anteriores, sexan debidamente aprobadas, de acordo coas normas dimanantes da Real Federación Española de Natación (RFEN), da que é membro de pleno dereito, os cales estatutos

acepta e se obriga a cumprir, e a que representa na Comunidade Autónoma galega con carácter exclusivo.

Artigo 2º

A Federación Gallega de Natación ten plena capacidade xurídica sen outras limitacións que as contidas nas leis e seu enderezo, no lugar de residencia do presidente ou o que el mesmo determine, dentro do territorio de Galicia.

Posúe patrimonio propio e independente do dos seus asociados.

Dentro dela intégranse tódalas entidades ou asociacións e agrupacións deportivas, privadas ou estatais, clubs e sociedades deportivas afiliadas, que practican a natación en calquera das súas especialidades, natación, waterpolo, saltos e natación sincronizada, e todas aquelas persoas que interveñan na súa práctica e organización, como directivos, nadadores, water-polistas, saltadores, practicantes da natación sincronizada, árbitros, adestradores, monitores, médicos especialistas, licenciados en educación física con mestría na natación ou algunha das súas especialidades, ou calquera outro colectivo interesado que promova, practique ou contribúa ó desemvolvemento do deporte na natación en calquera de súas especialidades dentro do territorio de Galicia.

Exerce, por delegación, funcións públicas de carácter administrativo, e actúa, neste caso, como axente colaborador da Administración autonómica ou local.

Artigo 3º

A Fegan estructúrase en delegacións comarcais coincidentes en canto ó ámbito, como mínimo, co de cada unha das provincias galegas, podendo existir máis dunha delegación dentro do termo provincial.

Artigo 4º

As funcións propias da Fegan son as seguintes:

4.1. A asignación e o control das subvencións económicas as asociacións e entidades deportivas adscritas a ela, baixo a vixilancia e fiscalización da Administración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

4.2. Mante-la autoridade dos clubs e demais entidades dela pendentes, facendo respeta-los acordos que cada un deles adopte dentro das suas facultades e atribucións.

4.3 Regular e exerce-lo réximen disciplinario dos clubs, sociedades e asociacións, directivos, nadadores, adestradores, árbitros, auxiliares e cantos interveñan na organización e práctica da natación nas súas distintas modalidades, e dentro do seu ámbito territorial, dictando as sancións que procedan de acordo cos presentes estatutos e o Regulamento de réxime disciplinario da Fegan, unha vez aprobados estos pola asemblea xeral e pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

4.4. Dirimir e resolver cantas cuestions se susciten entre todas aquelas entidades e persoas integradas na organización, exercendo, se é o caso, a xurisdicción disciplinaria entre estes.

4.5. Regulamentar e fomenta-lo ensino e práctica da natación en tódalas súas especialidades, e o desenvolvemento e progreso do deporte que constitúe o seu obxecto, dentro do territorio de Galicia.

4.6. Organizar anualmente os campionatos de Galicia nas suas distintas modalidades, así coma cantas competicións e torneos se consideren convenientes para o mellor desenvolvemento e progreso da natación, redactando e publicando os correspondintes regulamentos, de acordo co calendario da RFEN e os regulamentos deportivos desta.

4.7. Fomenta-la cosntitución de novos clubs, sociedades e asociacións deportivas dedicadas a práctica da natación en tódalas súas especialidades.

4.8. Interesar dos órganos competentes, a construcción de piscinas regulamentarias para uso deportivo en tódalas poboacións de Galicia, así como a homologación das ditas instalacións segundo o Regulamento de instalacións da Fegan, da RFEN e da F.I.N.A.

4.9. Seleciona-los nadadores e equipos de deban representar a Galicia.

4.10. Coidar da homologación dos récords de Galicia, asi como das mellores marcas galegas.

4.11. Constituí-las comisions, comités e representacións que se consideren convenientes para o mellor cumprimento dos seus fins e obxectos.

4.12. Ostenta-la representación da RFEN dentro da Comunidade Autónoma galega con carácter exclusivo. Así mesmo a de Galicia nas actividades e competicions de calquera categoría celebrada fóra do territorio autonómico.

4.13. A formación dos técnicos en tódalas suas especialidades.

4.14. Colaborar coa Administración do Estado, a Comunidade Autónoma e a RFEN para a formación de técnicos deportivos na prevención , control e represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos e métodos non regulamentarios no deporte.

4.15. Organizar ou tutela-las competicións oficiais de carácter nacional ou internacional que se celebren dentro do territorio de Galicia.

4.16. Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

4.17. Deseñar, elaborar e executa-los plans de preparación dos deportistas de alto nivel.

4.18. Autoriza-la venda ou cesión dos dereitos de trasmisión televisada ou radiada das competicions oficiais de ámbito autonómico.

4.19. En xeral, cantas actividades non se opoñan, menoscaben ou destrúan o seu obxecto social.

Artigo 5º

O cumprimento dos fins da Fegan realizarase mediante a actuación regulamentaria dos seus órganos de goberno.

Contra os actos realizados pola Fegan no exercicio das súas funcións a que se refire o artigo anterior, poderase recorrer ante a Secretaría Xeral para o Deporte, a cal resolución esgotará a vía administrativa.

Artigo 6º

A facultade disciplinaria deportiva da natación corresponde, dentro do territorio de Galicia, á Fegan, por si ou seus órganos subordinados, salvo naqueles casos que corresponda tal facultade a RFEN, segundo os seus estatutos e regulamentos, de acordo co artigo 34 da Orde do 28 de xullo de 1995, que desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo da Xunta de Galicia.

Artigo 7º

As decisions da Fegan e dos seus órganos dependentes teñen eficacia desde o día da súa notificacion o interesado ou súa publicación mediante circular.

Artigo 8º

Establécese o principio de igualdade de tódolos asociados, sen discriminación por razon de raza, sexo, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

TÍTULO II

Dos órganos da Fegan

Artigo 9º

Para o cumprimento dos seus fins, a Fegan rexerase polos seguintes órganos:

1. Órganos de goberno.

Asemblea xeral.

Comisión delegada.

Presidente.

2. Órganos complementarios.

Xunta directiva.

Secretario xeral.

3. Órganos técnicos.

Comité galego de árbitros.

Dirección técnica.

Comisión antidopaxe.

4. Órganos de xustiza federativa.

Comité de competición.

Comité de apelación.

Artigo 10º

10.1 Para ser membro dos órganos da Fegan requírese:

1º. Ser español.

2º. Te-la condición de cidadán de Galicia segundo o Estatuto de autonomía.

3º. Ter maioría de idade civil.

4º. Non estar inhabilitado para desempeñar cargos públicos.

5º. Ter plena capacidade de obrar.

6º. Non estar suxeito a inhabilitación deportiva.

7º. Non estar incurso nas incompatibilidades establecidas legal ou estatutariamente.

8º. Os específicos que, para cada estamento, se os houber, determinen os presentes estatutos.

10.2. Tódolos membros dos órganos colexiados federativos que formen parte deles por elección desempeñarán o seu mandato por tempo de catro anos, coincidentes co período olímpico de que se trate e poderán, en todo caso, ser reelixidos.

10.3. No suposto en que por calquera circunstancia non consumaran aquel período de mandato, os que ocupen as vacantes exercerán o cargo por tempo igual ó que lles quedase por cumprir ós substituídos. Os substituídos non poderán presentarse a unha nova elección agás que trascorra o período olímpico para o que foron elixidos.

Artigo 11º

A convocatoria dos órganos de goberno e órganos complementarios de Fegan corresponde ó seu presidente, que é o da Fegan, e deberá de ser notificado ós seus membros, acompañado da orde do día co prazo de antelación previsto, agás en casos de urxencia, poñendo á disposición dos convocados, na secretaría da federación, canta documentación afecte ós temas que se van tratar, ata vintecatro horas antes da celebración da reunión.

Con independencia do anterior, os convocados recibirán con anterioridade á reunión, a máxima información e documentación posible e necesaria sobre os temas que se van tratar.

Artigo 12º

Os órganos ós que se refire o artigo anterior quedarán validamente constituídos na primeira convocatoria cando asista a metade mais un dos membros e, en segunda, calquera que sexa o número de asistentes. Así mesmo, quedarán validamente constituídos, aínda que non se cumprisen os requisitos de convocatoria, sempre que concorran tódolos seus membros, e así o acorden por unanimidade.

Artigo 13º

De tódolos acordos dos órganos colexiados de goberno e representación da Fegan, levantará acta polo secretario correspondente, especificará o nome das persoas que interviñeran e as demais circunstancias que se consideren oportunas, así como o resultado das votacións e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

Artigo 14º

Os acordos dos órganos de goberno e complementarios da Fegan, adoptaranse por maioría simple dos asistentes, salvo naqueles casos nos que expresamente se prevea un quórum máis cualificado polas leis e polos presentes estatutos.

Artigo 15º

15.1. Con independencia das responsabilidades penais, civis e administrativas que de forma xeral consagra o ordenamento español, os membros dos diferentes órganos da Fegan son aresponsables, especificamente, dos actos, resolucións ou acordos adoptados por aquel do que formen parte.

15.2. Sono, así mesmo, nos termos previstos na lexislación deportiva xeral, nos presentes estatutos e en seus regulamentos, polo incumprimento dos acordos de calquera órgano federativo, normas electorais ou comisión das faltas previstas no réximen disciplinario federativo.

Artigo 16º

Os votos contrarios ós acordos dos órganos do goberno e complementarios da Fegan e as abstencións motivadas referidas o artigo anterior, eximirán das responsabilidades que puideran derivarse da súa adopción.

Artigo 17º

Son dereitos e obrigas básicas dos membros da organización federativa:

17.1. Dereitos.

a) Tomar parte nas deliberacións, expresando libremente as súas obrigas en cantas cuestions sexan obxecto de tratamento ou debate no seo do órgano do que sexan membros e exerce-lo seu dereito ó voto, facendo constar, se é o caso, se o desexan, o particular razoado que emitan.

b) Intervir nas tarefas federativas propias do cargo ou funcion que ostenten, cooperando na xestión que compete o órgano o que pertenzan.

c) Coñece-lo contido das actas das sesions do órgano de que formen parte.

d) Os demais que, regulamentariamente, se establezan.

17.2. Obrigas.

a) Concorrer, cando sexan formalmente citados para el, ás reunións, salvo que o impidan razóns de forza maior.

b) Desempeña-las comisións que se lles encomenden.

c) Colaborar lealmente na xestión federativa gardando o segredo sobre as deliberacións e resolucións.

d) As demais que se determinen pola vía regulamentaria.

Artigo 18º

A Fegan, como membro de dereito da RFEN, e de acordo co artigo 25 dos estatutos desta, está clasificada como federación que agrupa distintas especialidades deportivas, tendo a natación como actividade principal.

TÍTULO III

Dos órganos de goberno

A asemblea xeral

Artigo 19º

A asemblea xeral é o órgano superior da Fegan, na que están representadas as asociacions depor

tivas, os deportistas, os técnicos e os xuíces e árbitros.

Artigo 20º

A asemblea xeral da Fegan constará do número de membros que esta determine, o día da convocatoria de eleccións, mailo presidente, e responde as seguintes proporcións:

Presidente.

Clubs: 70%.

Deportistas: 20%.

Técnicos: 5%.

Árbitros: 5%.

Do número total de membros que compoñen a asemblea, entre un 60% e un 80% corresponderán á modalidade de natación.

Artigo 21º

As eleccións xerais á asemblea efectuaranse cada catro anos, coincidindo cos Xogos Olímpicos de inverno, agás que concorran causas excepcionais que deberán ser autorizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da publicación no DOG da correspondente resolución, mediante sufraxio libre e segreto entre e polos compoñentes de cada estamento da Fegan. Para tal efecto, a xunta directiva convocará oportunamente, na forma e cos requisitos previstos, as ditas eleccions xerais, pasando a constituírse en comisión xestora.

Artigo 22º

Os requisitos esixidos para ser elixibles ou ser electores con respccto á asemblea, deberán concorrer nuns e noutros o día en que se publique a convocatoria de eleccións.

Artigo 23º

Os membros da asemblea cesarán por:

1º. Expiración do período de mandato.

2º. Demisión.

3º. Incorrir en calquera das causas de inexibilidade que se deducen do artigo 10º.

4º. Remoción nos supuestos en que proceda, por non tratarse de cargos electivos.

5º. Incapacidade que impida o desempeño do cargo.

6º. Incompatibilidade, sobrevida, das establecidas legal ou estatutariamente.

7º. A non renovación da licencia polo estamento polo que foi elixido.

8º. Falecemento.

Artigo 24º

As vacantes que se produzan na asemblea antes das seguintes eleccións xerais a mesma, serán cubertas polos seguintes candidatos máis votados.

Os elixidos para cubri-las vacantes ás que se refire o parágrafo anterior, ostentarán o cargo polo tempo que falte ata as próximas eleccions xerais a asemblea.

No suposto de que non existan candidatos máis votados, sempre e cando falte máis dun ano para as seguintes eleccións xerais, procederase a realización dunhas eleccións sectoriais nos estamentos de que se trate. A tal efecto, a xunta directiva convocará ditas eleccions na forma e condicions previstas nos estatutos e Regulamento xeral da Fegan.

Artigo 25º

Os representantes das asociacions deportivas na asemblea, serán elixidos por e entre os representantes das correspondentes a cada circunscripción electoral das que integran o censo de asociacións deportivas da Fegan, inscritas no correspondente rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia antes do día que se convoquen as eleccións, sempre que tiveran algunha actividade deportiva desde a tempada anterior, e estar ó corrente das cotas de afiliación e licencias establecidas pola Fegan.

Enténdese por actividade deportiva o ter un número determinado de licencias en calquera das catro especialidades, conforme os regulamentos xerais e normativas vixentes, e que estes tiveran participado, polo menos, nalgunha competición do calendario oficial da Fegan desde a tempada anterior. A tempada será a que sinalen os regulamentos deportivos da RFEN Non se considerará actividade deportiva a exclusiva organización de travesías, aínda que figuren no dito calendario, ou a de campionatos, tanto oficiais como privados.

A circunscrición electoral será toda provincia na que teña e seu enderezo algunha das asociacións deportivas que cumpran os requisitos exixidos neste artigo 25º.

Cada circunscrición electoral contará, como mínimo, cun representante das asociacións deportivas da mesma na asemblea. O resto dos representantes de asociacións deportivas elixibles para a asemblea, distribuirase entre as distintas circunscricións electorais proporcionalmente á relación entre o número de asociacións deportivas con enderezo en cada unha e o número total destas que forman parte do censo electoral da Fegan.

No caso que o número total de asociacións deportivas sexa igual ou menor có número de membros establecido na convocatorida de eleccións para formar parte da asemblea polo estamento de clubs, todas elas pasarán a formar parte dela por dereito propio, sempre e cando cumpran os requisitos.

O representante das asociacións deportivas ou clubs será o presidente destes, ou a persoa que o represente designado fidedignamente pola asociación ou club.

Artigo 26º

Os representantes dos deportistas na asemblea serán elixidos por e entre os correspondentes a cada circunscrición electoral dos que teñan licencia en vigor desde a tempada deportiva anterior, sempre que participaran, polo menos, en algunha compe

tición do calendario oficial da Fegan, na tempada actual e na anterior.

Para ter a condición de elector e elixible é preciso ter cumprido os 18 anos antes do día da celebración da asemblea na que se convoquen as eleccións.

A circunscrición electoral para o estamento de deportistas, será toda a provincia en que se expediron licencias deportivas desde a tempada anterior ó ano de convocatoria de eleccións.

Cada circunscrición electoral contará como mínimo cun representante dos deportistas desta na asemblea. O resto dos deportistas elixibles distribuirase entre as distintas circusncricións electorais proporcionalmente a relación entre o número de deportistas con licencia en vigor e con dereito o voto por cada unha e o número total dos mesmos que forman parte do censo electoral da Fegan.

Artigo 27º

Os representantes dos técnicos-adestradores serán elixidos por e entre os que, estando en posesión do correspondente título de adestrador superior ou adestrador auxiliar, expedido pola Escola Nacional de Adestradores, veñan actuando en tal condición, polo menos desde a tempada deportiva anterior, prestando os seus servicios nalgún club que cumpra os requisitos exixidos no artigo 25º, segundo certificación expedida polo presidente de dito club, ou prestara os seus servicios profesionais na propia Fegan. E, ademais, posúa licencia en vigor desde a dita tempada.

Os representantes dos xuíces-árbitros serán elixidos por e entre os que figuran nas listas actualizadas do comité galego de árbitros coa categoría de árbitro territorial, subscribindo a correspondente licencia federativa e veñan actuando polo menos desde a tempada deportiva anterior nalgunha das competicións do calendario oficial da Fegan ou da RFEN

A circunscrición electoral tanto para o estamento de xuíces-árbitros coma para técnicos-adestradores será a rexional. Considerarase circunscrición rexional a circunscrición única que comprende todo o territorio de Galicia.

Artigo 28º

O regulamento de eleccions á asemblea e a presidente, que deberá ser aprobado pola asemblea xeral a proposta da xunta directiva, e ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, regulará as seguintes cuestions:

1º. Distribución dos membros da asemblea por estamentos e especialidades.

2º. Calendario electoral.

3º. Censo electoral

4º. composición, competencias e funcionamento da Xunta Electoral Central.

5º. Requisitos, prazos de presentación e proclamación de candidatos.

6º. Procedemento de resolución de conflictos e reclamacións.

7º. Situación, composición, competencias e funcionamento das mesas electorais.

Artigo 29º

O regulamento de eleccións facilitará, na maior medida posible, a participación dos electores nas votacións correspondentes. Para tal efecto, deberá prove-la constitución de mesas electorais en cada unha das circunscricións electorais, asi coma autorizar e regular o voto por correo unicamente para a elección de membros da asemblea, coas máximas garantías de autencidade do mesmo.

Os días en que teñan lugar as eleccions a asemblea e o presidente e comisión delegada non poderán coincidir coa celebración de probas deportivas da Fegan.

Artigo 30º

As reclamacións que se produzan no proceso electoral deberán solventarse sen dilación, sen prexuízo da posibilidade que existe en todo caso de acudir a xurisdicción ordinaria para impugna-los acordos da xunta electoral central.

Artigo 31º

Unha vez convocadas as eleccións á asemblea xeral pola xunta directiva, exporase a cada circunscripción electoral o censo correspondente a cada un dos estamentos. A partir do momento da citada exposición do censo electoral, a xunta directiva constituirase en comisión xestora.

Os membros da xunta directiva saínte que desexen presentarse á elección de presidente da Fegan non formarán parte da comisión xestora.

Artigo 32º

A comisión xestora garantirá a máxima difusión e publicidade das convocatorias de eleccións a asemblea xeral e a presidente, así como o regulamento das mesmas, publicando a dita convocatoria nos xornais de máxima difusión no ámbito territorial como mínimo.

Artigo 33º

Unha vez concluidas as eleccións xerais a asemblea xeral, o dito órgano constituirase no prazo máximo de quince días naturais en sesión extraordinaria, logo da convocatoria da comisión xestora, para elixir presidente da Federación Gallega de Natación e comisión delegada, como primeiro punto da orde do día, así como decidir sobre das demais cuestións da súa competencia que se inclúan na mencionada orde do día.

Para a elección de presidente e comisión delegada non será valido o voto por correo.

Unha vez elixido presidente, este pasará a presidir a asemblea.

Artigo 34º

A mesa electoral da asemblea xeral, que estará integrada polos membros de maior e de menor idade

dos compoñentes desta, desempeñará provisionalmente a presidencia da asemblea ata que se produza a elección do presidente.

Artigo 35º

Terán tamén carácter extraordinario as reunións sectoriais que celebren os membros de cada estamento da asemblea co fin de elexir os membros da mesma de deban de formar parte da comisión delegada no suposto de que non se cumpra o estipulado no artigo 24º.

Artigo 36º

A convocatoria da asemblea xeral deberá de notificarse con 30 días naturais de antelación á celebración desta, agás casos de urxencia debidamente xustificados ou recollidos nos presentes estatutos.

Artigo 37º

A asemblea xeral reunirase unha vez o ano con carácter ordinario para a análise e aprobación, se é o caso:

37.1. Do orzamento anual e a súa liquidación.

37.2. Da actividade deportiva realizada no ano anterior ou memoria anual da Fegan.

37.3. Do programa deportivo anual e calendario de probas e competicións, que estará de acordo co da RFEN

Artigo 38º

As demais reunións da asemblea xeral terán carácter de extraordinario, e son necesarias estas para a aprobación dos seguintes asuntos:

38.1. A aprobación e modificación dos estatutos e regulamento xeral da Fegan.

38.2. A elección mediante sugraxio libre, igual, directo e secreto do presidente da Fegan.

38.3. A moción de censura ó presidente, a cal será constructiva.

38.4. A disolución da Federación Galega de Natación.

38.5. O gravame e alleamento de bens inmobles da federación galega por proposta da xunta directiva.

38.6. A emisión de títulos transmisibles representativos de débedas ou de parte alícuota do pratrimonio da Fegan por petición da xunta directiva.

38.7. Convocatoria de eleccions, composición da asemblea e calendario electoral.

Artigo 39º

Poderán tratarse na asemblea asuntos ou propostas que presente o presidente sempre que os asistentes, por maioría, presten a súa anuencia.

Artigo 40º

A asemblea xeral poderase convocar con carácter ordinario polo presidente; con carácter extraordi

nario polo presidente, por petición da xunta directiva, dun trinta por cento dos membros da asemblea como mínimo, ou pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 41º

Tanto as asembleas ordinarias coma as extraordinarias, a calquera nivel, deberán ser convocadas con un mínimo de 30 y 15 días naturais, respectivamente de antelación a data elixida para a súa celebración, anunciándoas en dúas publicacións de máxima difusión no ámbito galego e no taboleiro de anuncios da Fegan.

Artigo 42º

Os acordos das asembleas xerais ordinarias aprobaranse por maioría simple. Os das asembleas xerais extraordinarias, requerirán para a súa aprobación a maioría dos dous tercios dos membros asistentes a mesma.

Artigo 43º

Nas convocatorias das asembleas xerais, deberá de figura-la orde do día cos puntos que se van tratar, acompañándose toda aquela documentación que se crea conveniente para o seu estudo polos membros da asemblea, podendo entregarse o inicio da sesión no suposto previsto no artigo 39º.

As propostas dos membros da asemblea para a súa inclusión na orde do día, deberán de ter entrada 15 días antes da súa celebración. A orde do día definitiva, cunha copia das ditas propostas, deberá estar en poder dos membros da asemblea o menos con cinco días de antelación.

Artigo 44º

Cada un dos membros da asemblea disporá dun voto cada un.

En caso de empate nas votacións decidirá o voto o presidente. Os membros da xunta directiva que non sexan membros da asemblea xeral, terán voz pero non voto.

A comisión delegada

Artigo 45º

1. A comisión delegada será elixida entre e pola asemblea xeral, mediante sufragio entre seus membros. O seu mandato coincidirá co da dita asemblea.

2. Estará formada polo 15% dos membros da asemblea, cun número non inferior a 5 nin superior a 15, cubríndose as posibles vacantes producidas polo seguinte candidato máis votado.

3. Reunirase cada 4 meses, cunha orde do día proposta polo presidente da Fegan ou dous tercios dos membros de dita comisión.

4. Independentemente dos cometidos que para ela regule o Regulamento xeral da Fegan, terá como principais:

-Modificación dos orzamentos e regulamentos.

-Modificación do calendario deportivo.

-Seguimento da xestión deportiva e económica.

O presidente

Artigo 46º

O presidente da Federación Galega de Natación é un órgano executivo desta. Ostenta a súa representación legal, convoca e preside os órganos de goberno e complementarios, correspondéndolle a dirección dos debates cun voto con calidade de dirimente, e executa os acordos deles, podendo presidir, así mesmo, calquera órgano ou comisión federativo. Convoca tamén as eleccions parciais á asemblea de acordo co artigo 24º.

Artigo 47º

O presidente ostenta a dirección económica, administrativa e deportiva da Fegan, de acordo cos presentes estatutos, asistido pola xunta directiva e, en especial, polos vicepresidentes, secretario xeral e tesoureiro, así coma de cantas persoas considere necesarias en materias especificas para unha maior eficacia no logro dos fins propios da Fegan.

Artigo 48º

O presidente da Fegan é o ordenador de gastos e pagamentos desta, autorizado, coa súa sinatura mancomunadamente co tesoureiro, ou co secretario xeral, tódolos pagamentos da federación.

Pode nomear e destituí-los membros dos órganos complementarios, técnicos e de xustiza federativa, así como as persoas que presten servicios laborais ou técnicos na federación.

O presidente ostenta a representación xurídica da Fegan, podendo, en consecuencia, executa-los actos e celebra-los contratos que sexan necesarios ou convenientes para a realización dos obxectivos da Fegan, sen exceptua-los que versen sobre a adquisición ou alleamento de bens, incluso inmuebles, estes últimos logo acordo da asemblea xeral. Concertar toda clase de préstamos con libertade de pactos e condicions coa banca privada, pública ou oficial, institutos de crédito, caixas de aforro, incluso o Banco de España, logo de acordo da xunta directiva. Aceptar e endosar letras de cambio, outorgar poderes a procuradores dos tribunais e avogados, comunidade autónoma, provincia ou municipio e obstenta-la representación da federación ante xuzgados, tribunais, incluso tribunal supremo, tribunal constitucional e maxistratura de traballo, e exerce-las accions civís, criminais, sociais, económico-administrativas e contencioso-administrativas en tódalas instancias; abrir contas correntes e

cancela-las constituídas.

Artigo 49º

O presidente terá voto de calidade en caso de empate nas votacións que se produzan nos órganos colexiados que presida.

Artigo 50º

O presidente será elixido cada catro anos, coincidindo cos Xogos Olímpicos de inverno, mediante sufraxio libre, igual, directo, e secreto polos membros da asemblea.

Os candidatos a presidente, ós que non lles será esixible o requisito de formaren parte da asemblea xeral, deberán ser presentados, como mínimo, polo 10% dos membros daquela.

No caso de que, excepcionalmente, quede vacante a presidencia antes de que transcorra o prazo de catro anos antes mencionado, a asemblea procederá a unha nova elección para cubri-la dita vacante polo tempo que falte hasta a terminación do prazo correspondente ó mandato ordinario.

Artigo 51º

O procedemento de elección de presidente axustarase ó previsto nos artigos 33º e 34º, e no Regulamento de eleccions ó que se refiren os artigos 28 e seguintes. A súa elección levarase a cabo por un sistema de dobre volta, concorrendo a segunda os dous candidatos máis votados, no suposto de que ningún obtivese a maioría absoluta, na primeira, dos votos emitidos.

Artigo 52º

O desempeño do cargo de presidente será causa de incompatibilidade coa actividad como deportista, técnico, xuíz ou árbitro da federación galega, sen prexuízo de conservar a súa licencia federativa.

O presidente non poderá ocupar ningún cargo directivo en clubs afiliados a Fegan. Así mesmo non poderá desempeñar calquera das súas modalidades.

Artigo 53º

O presidente cesará por:

1º. Transcurso do prazo para o que foi elixido.

2º. Falecemento.

3º. Demisión.

4º. Aprobación dunha moción de censura pola asemblea xeral.

5º. Incorrer nalgunha das causas de incompatibilidade ás que se refire o artigo anterior cando non renuncie á actividade ou cargo incompatible.

6º. Por incapacidade física ou psíquica permanente, declarada legalmente e que lle impida o normal desenvolvemento do seu cometido.

Artigo 54º

Vacante a presidencia, a xunta directiva procederá a convocar eleccions a ela, constituíndose en comisión xestora da Fegan, presidida por un dos vicepresidentes ou, no seu defecto, polo vocal de maior idade.

O vicepresidente que substitúa o presidente, será elixido polos vicepresidentes, ou vocais no seu caso, da xunta directiva constituída en comisión xestora.

Artigo 55º

Nos casos de ausencia ou incapacidade temporal, o presidente será substituído polo vicepresidente 1º.

Artigo 56º

A moción de censura ó presidente deberá ser formulada pola mitade máis un dos membros da asemblea xeral, podendo formalizarse conxunta e/ou individualmente por cada un dos propoñentes mediante escrito motivado e asinado, co que se achegará copia do DNI, dirixido o predidente da Fegan.

A dita petición deberá solicitar do presidente a convocatoria dunha asemblea xeral extraordinaria coa moción de censura como único punto da orde do día así como a proposta dun candidato alternativo á presidencia.

O presidente deberá convocar con carácter extraordinario a asemblea xeral, para que esta se reúna nun prazo máximo de quince días, con dita moción como único punto da orde do día.

A notificación desta sesión extraordinaria poderase comunicar con 72 horas o menos de antelación.

Se o presidente non convocase a asemblea xeral extraordinaria, a convocatoria correspondente poderá ser realizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A sesión da asemblea xeral na que se debata a moción de censura será presidida polo membro de maior idade daquela, e non será válido o voto por correo nin a asistencia por representación.

O sistema de votación da dita moción de censura será polo sistema de dobre volta, e deberá alcanzar a maioría absoluta de membros que compoñen a asemblea na primeira, ou a maioría simple de asistente na segunda, celebradas ambas, se houbese lugar, cunha hora de diferencia.

No caso de prospera-la moción de censura, o candidato quedará investido como presidente, e o seu mandato será igual ó tempo que falte para concluí-lo período ordinario.

Se a moción de censura non prosperase, non se poderá presentar unha ata transcorrido un ano, como tampouco poderá presentarse, caso de prosperar, contra o candidato investido na dita moción ata haber transcorrido un ano desde a súa investidura.

TÍTULO IV

Dos órganos complementarios

Artigo 57º

A directiva é o órgano de goberno da Federación Galega de Natación a quen lle corresponde toda a competencia non atribuída especialmente ós demais órganos de goberno e representación desta. Os seus membros serán designados e separados libremente polo presidente.

Artigo 58º

A xunta directiva da Fegan estará composta como máximo por catro vicepresidentes, un tesoureiro, un secretario e trece vocais.

Artigo 59º

Tódolos cargos da xunta directiva son honoríficos, excepto o do secretario que poderá ser retribuído, neste caso terá voz pero non voto.

Artigo 60º

A xunta directiva reunirase sempre que sexa convocada polo presidente. A convocatoria deberá de ser notificada ós seus membros con 48 horas o menos de antelación, agás en casos de urxencia, acompañado da orde do día.

Os acordos da xunta directiva serán tomados pola maioría simple de votos, no caso de empate será dirimente o voto do presidente.

Artigo 61º

A validez das reunións da xunta directiva requerirá que concurran, en primeira convocatoria, a maioría dos seus membros, e en segunda calquera que sexa o número de membros asistentes.

Artigo 62º

Os membros da xunta directiva que non fosen, ó propio tempo, da asemblea xeral, terán dereito a asistir as sesions destas, con voz pero sen voto.

Artigo 63º

Os membros da xunta directiva cesarán nos supostos previstos no artigo 23º dos presentes estatutos.

Artigo 64º

É competencia da xunta directiva:

64.1. A facultade executiva e xurisdiccional, así como a interpretación dos estatutos, regulamentos e acordos dos demáis órganos superiores colexiados de goberno e representación da Fegan e os seus propios, cumpríndoos e facéndoos cumprir. En ningún caso poderá tomar acordos que vulneren os adoptados con carácter xeral ou particular pola asemblea, e, se na interpretación destes se excedese nas súas facultades, quedarán sen efecto cando así o acorde a asemblea xeral.

64.2. Prepara-lo programa deportivo anual e o calendario de probas e competicións de acordo cos da RFEN, para que sirvan de base a asemblea xeral para seu estudio e, se é o caso, aprobación.

64.3. Propoñerlle ó presidente a data e a orde do día na asemblea xeral.

64.4. Convocar eleccións xerais á asemblea e á presidencia da Fegan.

64.5. Propoñerlle á asemblea xeral a convocatoria de eleccions na asemblea e a presidencia e comisión delegada, composición da asemblea e calendario electoral.

64.6. Coidar da organización dos campionatos de Galicia nas súas especialidades e categorías e de cantas competicións se celebren con carácter oficial, ben sexa de ámbito local, provincial, territorial ou nacional, de acordo cos seus regulamentos.

64.7. Propoñerlle á asemblea xeral a aprobación dos regulamentos internos da Fegan, tanto técnicos coma de competición, e das súas modificacions.

64.8. Colaborar co presidente na dirección económica, adiministrativa e deportiva da Fegan e na execución dos acordos dos demais órganos colexiados superiores de goberno e representación desta.

64.9. Publicar, mediante circular, as disposicións dictadas pola propia xunta directiva e os acordos que adopte no exercicio das súas facultades.

Os membros da xunta directiva son especificamente responsables dos actos, resolucións ou acordos adoptados ante a asemblea xeral, a cal, se así se decide pola maioría de dous tercios dos de pleno dereito a integran, poderá solicita-la súa distitución ó presidente da Fegan.

Os membros da xunta directiva cooperarán por igual na xestión que a esta lle compete e responderán dela ante o propio presidente, con quen colaborarán na dirección económica, administrativa e deportiva da Fegan, así como na execución dos acordos dos demais órganos colexiados superiores de goberno e representación desta.

Artigo 65º

Para aqueles asuntos que requiran unha solución inmediata que pola súa importancia no sean necesarios someter a xunta directiva e para o despacho de asuntos de trámite, constituirase unha comisión permanente que estará composta polo presidente, un vicepresidente, o tesoureiro, o secretario xeral e os membros da xunta directiva que convoque o presidente.

Reunirase sempre que a convoque o presidente e dos seus acordos daráselle conta á xunta directiva.

Artigo 66º

Os vicepresidentes substiturirán o presidente en tódalas súas funcións e facultades cando sexa necesario, por causa de enfermedade, ausencia, incompatibilidade e calquera outra imposibilidade física ou legal. A substitución recaerá, en primeiro lugar, o vicepresidente 1º.

O presidente poderá delegar en calquera dos vicepresidentes as funcións e facultades que considere oportunas.

Artigo 67º

O tesoureiro terá a dirección económico-adiministrativa e coidará das operacións de cobramentos e pagamentos. Autorizará coa súa sinatura, mancomunada coa do presidente, tódolos documentos de movementos de fondos. Será responsable da levanza e custodia dos libros de contabilidade. Formulará os balances que periodicamente presentará á xunta

directiva e que anualmente deberá presentarse os órganos Superiores de Goberno da Fegan. Exercerá a inspección económica de tódolos órganos da Fegan.

Artigo 68º

O secretario xeral, nomeado polo presidente e directamente dependente deste, colaborará con tódolos órganos de goberno e complementarios.

Artigo 69º

O secretario xeral actuará como secretario da xunta directiva e da asemblea da Fegan, así como os dos demáis órganos e comisións nas que participe, achegando documentación e información sobre os asuntos que sexan obxeto de deliberación. Unha vez aprobadas as actas, asinadas co visto e prace do presidente e custodiará os correspondentes libros e actas.

Artigo 70º

Por delegación do presidente, as competencias do secretario xeral son as seguintes:

1º. Ostenta a xefatura do persoal da Fegan se o houbese.

2º. Coordina a actuación dos diversos órganos da Fegan.

3º. Prepara a resolución e despacho de tódolos asuntos.

4º. Vela polo cumprimento de tóda-las normas xurídico-deportivas, tendo debidamente informado sobre o contido destas ós demáis órganos da Fegan.

5º. Coida da boa orde de tódalas dependencias federativas.

6º. Prepara as reunions dos órganos de goberno e complementarios. Levanta acta das súas reunións e é responsable dos libros de actas.

7º. Recibe e expide a correspondencia oficial da Fegan e leva un rexistro de entrada e saída desta.

8º. Organiza, mantén e custodia o arquivo da federación.

9º. Achega documentación e informa os órganos de goberno e os órganos técnicos da federación sobre asuntos da súa incumbencia.

10º. Prepara a memoria anual da Fegan para a súa presentación áa asemblea xeral.

11º. Terá sinatura, mancomunadamente coa do presidente, para a autorización de todolos documentos de movementos de fondos da Fegan.

12º. Levará os rexistros de récords, marcas e os que se coiden necesarios, así como as listas actualizadas dos deportistas das diferentes especialidades.

13º. Expedirá as certificacións oportunas dos actos emenados dos meritados órganos.

14º. Informará e asesoará o presidente e a xunta directiva nos casos en que fose requirido para iso.

Artigo 71º

Non poderán desempeñar cargos directivos na Federación Galega de Natación aquelas persoas que obteñan proveito material, persoal derivado de determinada actividade económica, comercial, industrial ou profesional relacionado co deporte específico da natación en tódalas súas especialidades.

TÍTULO V

Dos órganos técnicos

Artigo 72º

Os órganos técnicos da Fegan son:

1. O director técnico.

2. O comité galego de árbitros.

3. A comisión antidopaxe.

O presidente poderá crea-las comisións técnicas que considere necesarias para o mellor cumprimento dos fins da Fegan.

Artigo 73º

O director técnico será nomeado polo presidente da Fegan, podendo propoñer a este a creación de comisions técnicas de cada especialidade. Colaborará estreitamente co secretario xeral.

O director técnico someterá, en primeiro lugar, o presidente, para sometelos posteriormente á xunta directiva ou á comisión permanente das decisións que se tome sobre os asuntos técnico-deportivos da súa competencia ou que lle sexan confiados por esta.

Serán da súa competencia:

73.1. Prepara-los plans de adestramento e competición.

73.2. Propoñe-los regulamentos das competicións e das variacións destes que sexan convenientes, tendo en conta os regulamentos en vigor da RFEN e os calendarios oficiais da mesma.

73.3. Redacta-los informes sobre as competicions que se celebren dentro do territorio de Galicia.

73.4. Selecciona-los deportistas que integren os equipos rexionais.

73.5. Coidar que se leven, en estreita colaboración coa secretaria xeral, os rexistros de récords, marcas e todos aqueles que se crean necesarios.

73.6. Establece-los plans de preparación dos equipos rexionais que participarán en competicions nacionais ou doutra índole.

73.7. En xeral, coidar todolos asuntos técnico-deportivos da modalidade que lles corresponda.

Artigo 74º

74.1. O comité galego de árbitros é un órgano técnico da Fegan que atende directamente o funcionamento do colectivo federativo de xuíces e árbitros, e correspóndenlle, con subordinación o presidente da Fegan, o goberno, representación e administración das funcions atribuídas a aqueles, nas espe

cialidades de natación, waterpolo, saltos e natación sincronizada, acollendose para iso ós regulamentos da F.I.N.A., L.E.N. e RFEN e organismos superiores.

74.2. O presidente do comité será nomeado polo que ostenta a presidencia da Fegan.

74.3. O comité galego de árbitros desenvolverá, entre outras, as seguintes funcions:

a) Establece-los niveis de formación arbitral.

b) Clasificar tecnicamente os árbitros e propoñe-la adscrición as categorías correspondintes.

c) Propoñe-los candidatos a árbitros de categoría nacional.

d) Aproba-las normas administrativas regulando o arbitraxe.

e) Designa-los colexiados nas competicions de ámbito territorial.

f) Calquera outras delegadas polo presidente da Fegan.

74.4. As propostas ás que se refire o apartado anterior elevaranse o presidente da Fegan para a súa aprobación definitiva.

74.5. A clasificación sinalada no punto 1.b levarase a cabo en función dos seguintes criterios:

a) Probas físicas e psicotécnicas.

b) Coñecemento dos regulamentos.

c) Experiencia mínima.

d) Idade.

74.6. A composición e réxime de funcionamento do Comité determinare regulamentariamente.

Artigo 75º

-A comisión antidopaxe é o órgano que ostenta a autoridade e responsabilidade no control das substancias e métodos prohibidos na natación española en calqueira das súas especialidades, así como a aplicación das normas reguladoras das súas actividades.

-A súa composición e réxime de funcionamento determinaranse regulametariamente, adecuándose a normativa, con intervención da Comisión Nacional Antidopaxe, logo do cumprimento dos trámites legais e, especialmente, o que se refire o procedemento de toma de mostras, a cuantitativa que produce a infracción e, en xeral, cantas outras cuestións sexan precisas para compaxina-la represión da dita práctica co réxime propio das sancións administrativas.

TÍTULO VI

Dos órganos de xustiza federativa

Artigo 76º

Os órganos disciplinarios da Fegan son:

-En primeira instancia: o comité de competición ou xuíz único.

-En segunda instancia: o comité de apelación.

Artigo 77º

-O comité de competición é un órgano disciplinario da Fegan, que ten como cometido resolve-las incidencias e infraccións que poidan producirse nas competicións deportivas de cada unha das especialidades integradas nela, tendo plenas facultades para impoñe-las sancións regulamentarias que procedan.

-O comité de apelación da Fegan é o órgano xurisdiccional de rango superior e derradeira instancia da Fegan encargado de resolve-los recursos que xurdan contra as decisións do comité de competición.

-As decisións do comité de competición serán de efecto inmediato e contra elas cabe recurso ante o comité de apelación da Fegan.

-As resolucións do comité de apelación da Fegan serán suscetibles de recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva.

Artigo 78º

-O comité de competición estará composto por cantos membros designe libremente o presidente da Fegan, alleos todos eles a xunta directiva desta última.

-O comité de apelación estará composto por cantos membros designe libremente o presidente da Fegan.

-Con carácter especial, o comité de competición poderá designar comités delegados ou xuíces delegados para determinadas competicións, campionatos ou torneos, que resolverán únicamente as incidencias que nestes se produzan.

-Os mencioados comités poderán ser órganos unipersoales.

TÍTULO VII

Asociacións deportivas, clubs, deportistas, técnicos, xuíces e árbitros

Artigo 79º

As asociacións deportivas integraranse, por petición propia, na Federación Galega de Natación a través da delegación que lle corresponda, sempre e cando se axusten a lexislación vixente, consten na Rexistro de Clubs e Asociacións Deportivas Galegas da Xunta de Galicia e se comprometan a cumprir os estatutos e regulamentos da Fegan, e a someterse a autoridade dos órganos federativos, en relación coas materias da súa competencia.

O recoñecemento para efectos deportivos dun club acreditarase mediante a certificación da inscrición a que se refire o parágrafo anterior.

Integraranse na Federación Española de Natación, a traves da Fegan e de acordo cos estatutos daquela, adaptando os seus estatutos ás condicions establecidas nos artigos 17 e 18 da Lei do deporte.

Terán á disposición da Fegan os seus nadadores e contribuirán, con as cuotas e dereitos federativos que se establezcan, o sostemento da Fegan.

Artigo 80º

Os mesmos criterios e requisitos aplicaranse para a integración na Fegan dos deportistas, técnicos, xuíces e árbitros.

Artigo 81º

A integración na Federación Galega de Natación producirase mediante a concesión, por parte desta, da correspondente licencia federativa. A dita concesión será tramitada pola xunta directiva da Fegan. A súa denegación, que será motivada, será suscetible de recurso ante a xurisdicción competente.

Para participar en competicións de ámbito estatal será preciso que estean en posesión da licencia estatal, expedida pola RFEN, segundo os seus regulamentos, e tramitada sempre a través da Fegan.

Artigo 82º

Tódolos membros da Federación Galega de Natación teñen o dereito de recibi-la tutela desta respecto dos seus intereses deportivos lexítimos, así como o de participar nas súas actividades e funcionamento dos seus órganos, de acordo cos presentes estatutos e cos regulamentos internos daquela.

Tódolos membros da Fegan teñen a obriga de acata-los acordos dos seus órganos, sin prexuízo de recurrir ante as instancias federativas competentes e, se é o caso, ante a xurisdicción ordinaria, contra aqueles que se consideren contrarios a dereito.

TÍTULO VIII

Réxime económico

Artigo 83º

A Federación Galega de Natación, que conta con propio patrimonio e orzamento, adaptará a súa contabilidade de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 84º

A xunta directiva preparará o proxecto de orzamento de cada exercicio, que, logo do acordo da asemblea xeral, presentarase a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Artigo 85º

No prazo previsto polas disposicións legais vixentes, a xunta directiva confeccionará os estados financeiros previstos nas normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade para federacións deportivas, así como a liquidación do orzamento xunto coa memoria explicativa. Os ditos estados financeiros serán auditados de acordo coas normas que dicte a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, poñendo en coñecemento da asemblea xeral o informe resultante da mencioada auditoría.

Artigo 86º

Constituirán os recursos da Federación Galega de Natación:

1º. As subvencions ordinarias e extraordinarias da Xunta de Galicia e da Federación Española de Natación.

2º. As subvencions ou donativos de outros organismos oficiais, entidades ou particulares.

3º. As herdanzas, legados ou doazóns que lle outorgen.

4º. Os depósitos constituidos polo trámite de recursos ou reclamacións cando proceda regulamentariamente.

5º. As cotas e dereitos que se establezan para os seus afiliados, así como os recargos de demora ou as multas e calquera outra sanción de carácter pecuniario.

6º. As cotas de amortización de anticipos e préstamos concedidos pola Fegan con cargo os seus propios recursos, as rendas e bens inmobles e dos valores de carteira, xuros de contas correntes e productos de enxenación de benes adquiridos cos recursos propios.

7º. Os froitos, rendas e xuros dos seus benes patrimoniais.

8º. Préstamos ou créditos que se lle concedan.

9º. Os ingresos por cobramento de entradas, publicidade ou calquera outro concepto que recade nas competicións que organice.

10º. Os demais recursos que poida obter dentro das disposicións superiores.

Artigo 87º

A Federación Galega de Natación destinará a totalidade dos seus ingresos e do seu patrimonio a consecución dos fins propios do seu obxecto.

TÍTULO IX

Réxime documental e contable

Artigo 88º

O réxime documental da Federación Galega de Natación comprende os seguintes libros:

1º. Libro de rexistro de clubs, no que contarán as denominacións de éstos e enderezo social, nomes e apelidos dos presidentes, data de posesión e cesamento do cargo.

2º. Libro de actas, que consignarán as reunións que celebren tódolos órganos colexiados deo goberno e representación da Federación Galega de Natación.

3º. Libros de contabilidade, nos que figurarán tanto o patrimonio como os dereitos e obrigas e ingresos e gastos da Federación Galega de Natación, debendo precisarse a procedencia de aqueles e o investimento destes.

4º. Libro inventario de bens mobles e inmobles.

TÍTULO X

Réximen disciplinario deportivo

Artigo 89º

A Fegan exerce a potestade disciplinaria sobre todalas persoas que formen parte da súa estructura orgánica, sobre as asociacións deportivas, clubs e

dos seus deportistas e técnicos e, en xeral, sobre todas aquelas persoas que, encontrándose federadas na Fegan, desenvolven calquera das modalidades deportivas nela integrada.

A Fegan, en virtude da súa competencia, actúa na primeira instancia nos seguintes casos:

1º. Cando se trate de competicións ou probas que teñan nivel ou carácter exclusivamente territorial.

2º. Canto participen na competición ou probas exclusivamente deportistas ós que as licencias federativas lles foran expedidas pola Fegan.

3º. Cando en probas de carácter exclusivamente territorial, participen deportistas con licencias expedidas en calquera federación, pero os seus resultados non sean homologados oficialmente no ámbito nacional ou internacional.

A potestade disciplinaria exercerase en segunda instancia polo Comité Galego de Disciplina Deportiva ou pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, sobre as mesmas entidades e persoas físicas antes sinaladas cando así o esixan os regulamentos xerais ou de competición de cada modalidade deportiva, sen prexuízo das competencias propias da RFEN da conformidade cos seus estatutos e regulamentos.

Artigo 90º

O ámbito de potestad regulamentaria da Fegan exténdese as infraccións das regras de xogo ou competición e ás de conducta deportiva tipificada nos presentes estatutos, e nos regulamentos xerais e de competicións da Fegan, aprobados pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e de conformidade coa normativa básica para a regulación de réxime disciplinario deportivo estrablecido no Título XI da Lei 10/1990, do 15 de outubro, e dos decretos e ordes que desenvolvan, e de acordo co Regulamento de réxime disciplinario da Fegan.

Así mesmo terase en conta toda a normativa establecida no Título IX da citada Lei 10/1990, no referente a prevención da violencia nos espectaculos deportivos.

Canta normativa legal dicte o Comité Galego de Disciplina Deportiva, será de aplicación nas probas e competicións de ámbito exclusivamente territorial referidas no artigo 89º, sen prexuízo das competencias propias da RFEN, ainda neste caso.

Artigo 91º

As infraccións das normas contidas nos presentes estatutos e dos regulamentos xerais e de competición da Fegan, así como da conducta deportiva, poderán ser sancionadas, de conformidade a normativa vixente, coa amonestación privada ou pública, inhabilitación, suspensión e privación de licencia federativa e de dereitos de asociado, xa sea de carácter temporal ou definitivo, e multas. Tamén poderán impoñerse sancións específicas de cada competición deportiva coa perda de determinados dereitos deportivos, inhabilitación de campos de xogo, perda de

encontro, pérdidas de puntos na clasificación, perda ou descenso de categoría, etc.

As suspensións poderán ser absolutas para toda clase de dereitos federativos ou especiais soamente limitadas a certas clases de dereitos que especificará, se é o caso, a disposición que o estableza ou resolución que a impoña.

Artigo 92º

O procedemento para a imposición de sancións pola infracción das normas contidas nos presentes estatutos e nos regulamentos xerais e de competición da Fegan axustarase en todas as disposicións sobre réxime disciplinario deportivo da Fegan.

Igualmente, as notificacións e recursos contra as resolucións dictadas por calquera club, comité, e pola propia Fegan, axustaranse en todo a normativa legal vixente.

TÍTULO XI

Da modificación dos estatutos

Artigo 93º

Os estatutos da Fegan, unicamente poderán ser modificados por acordo da asemblea xeral, previa inclusión expresa na orde do día da modificación que se pretende.

Artigo 94º

A aprobación ou reforma dos estatutos e regulamentos da Fegan axustarase no seguinte procedemento:

a) O proceso de modificación, agás cando este fose por imperativo legal, iniciarase a proposta, exclusivamente, do presidente da Fegan ou de dous tercios dos membros da comisión delegada.

As modificacions non poderán exceder dos límites e criterios da asemblea xeral estableza.

b) Os servicios xurídicos federativos elaborarán o borrador de anteproxecto, sobre as bases acordadas por aqueles órganos.

c) Concluso o dito borrador, elevarase a xunta directiva para que emita motivadamente, seu informe.

Obtida a aprobación, cursarase o texto, individualmente, a todolos membros da asemblea xeral, outorgando un prazo non inferior a quince días para que formulen as emendas ou suxestións que estimen pertinentes.

d) Tratándose de estatutos, convocarase a asemblea xeral, a quen corresponde a súa aprobación, a cal decidirá tras discutirse o texto proposto e as enmendas, no seu caso presentadas.

Sendo o Regulamento xeral, actuarase de idéntico modo, se ben convocando, por ser o órgano competente, a comisión delegada da propia asemblea xeral, depositándose, unha vez aprobado, na Secretaría Xeral para o Deporte.

e) Recaída, se é o caso, a pertinente aprobación, elevarase o acordado, a Secretaría Xeral para o Deporte, os fins que prevé o artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995.

f) Aprobado o novo texto, se de estatutos se tratase, pola Secretaría Xeral para o Deporte, publicarase no Diario Oficial de Galicia e inscribirase no rexistro de asociacións correspondente.

Artigo 95º

Aprobada a modificación dos estatutos, ésta só será eficaz a partir de que sexa ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

TÍTULO XII

Da extinción e disolución da Fegan

Artigo 96º

A Federación Galega de Natación extinguirase polas seguintes causas.

1º. Pola revogación do seu recoñecemento.

2º. Por acordo da asemblea xeral ó completo adoptado pola maioría dos dous tercios dos votos, ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

3º. Polas demais causas que determinen as leis.

Artigo 97º

No caso de disolución, practicarase unha liquidación, quedando o remanente a disposición da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Disposicións finais

Primeira.-Quedan derrogados os estatutos da Federación Galega de Natación ata agora vixentes.

Segunda.-Os presentes estatutos entrarán en vigor o día seguinte ó da súa aprobación pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Terceira.-A xunta directiva da Fegan poderá modificar, se fose necesario, os presentes estatutos para adaptalos as indicacións e esixencias que en tal sentido realice a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Dilixencia para facer constar que estes estatutos foron aprobados na asemblea xeral extraordinaria da Federación Galega de Natación celebrada na Coruña o día dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

3194